Baixo o lema deste ano 2023, «Arquitectura para comunidades resilientes», marcado pola Unión Internacional de Arquitectos, indícanse de seguido os actos previstos nas distintas Delegacións colexiais.
PONTEVEDRA
PRAZA DA FEIRA
A ESTRADA
A Delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrará o DÍA MUNDIAL DA ARQUITECTURA o vindeiro 2 de outubro, ás 17:30h, na Praza da Feira da Estrada, proxecto de rvr arquitectos, en colaboración co Concello da Estrada.
Durante o acto a celebrar ese día, realizaremos unha visita guiada pola Praza da Feira, Rúa Ulla e a súa contorna, asistiremos a unha conferencia impartida por rvr arquitectos, autores do proxecto, faremos a lectura dun Manifesto, intervirán as autoridades e descubriremos unha placa conmemorativa. Finalizaremos a xornada cuns petiscos.
Ao acto asistirán representantes colexiais, autoridades, colexiados, colexiadas e todas aquelas persoas interesadas en coñecer a obra de Humanización da Praza da Feira, rúa Ulla e da súa contorna, intervención exemplar e respectuosa co medio ambiente, que conseguiu rehabilitar unha área anteriormente degradada ao actuar como un activo catalizador social.
A feira como espazo de relación, interacción económica e social, de tradicións, de arquitectura e de ordenación do territorio, é o núcleo desta reforma que recupera o espazo público para a cidadanía, enlazando os principais polos da vila nun ámbito urbano de uso preferente para o peón, xerando espazos de relación social nunha contorna urbana máis humana e sostible dende o punto de vista ambiental.
En colaboración co Concello da Estrada disporase dun autobús, do que poderán facer uso todas as persoas interesadas en asistir á visita, que sairá ás 16:30h desde a Praza de Galicia en Pontevedra, tendo previsto o seu regreso ás 20:30h. A asistencia require inscrición previa, para o cal será preciso cubrir o formulario dispoñible no seguinte ENLACE, á maior brevidade posible, e en todo caso, antes das 12:00 horas do luns 2 de outubro. O número de prazas de autobús dispoñibles é limitado. En caso que haxa máis inscritos que prazas, estas asignaranse por orde de inscrición.
SANTIAGO
CEA DE CONFRATERNIZACIÓN DA DELEGACIÓN DE SANTIAGO DO COLEXIO OFICIAL DE
ARQUITECTOS DE GALICIA E ENTREGA DO RECOÑECEMENTO PROFESIONAL DE
ACHEGA Á ARQUITECTURA
Con motivo da celebración do Día Mundial da Arquitectura, desde a delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos queremos convocar aos colexiados da nosa demarcación a unha cea de confraternización o sábado 7 de outubro no Hotel NH Collection Santiago situado no Burgo das Nacions en Santiago de Compostela.
Como na ocasión anterior aproveitaremos o evento para facer entrega do recoñecemento profesional de achega á arquitectura “Arquitectura para un mundo mellor”.
Para unha correcta organización requírese a inscrición cubrindo os datos do formulario así como o envío do xustificante da transferencia do importe da cea antes do día 3 de outubro a través do seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN.
O importe da cea é de 20€ para os colexiados de Santiago e de 30€ para os acompañantes e outros interesados. O número de conta no que facer o ingreso é o seguinte
ES87 3183 1500 9410 0347 0422
No concepto deberase indicar o NOME DO ASISTENTE seguido de CEA COAG SANTIAGO.
Dado que o aforo é limitado, a inscrición só farase efectiva no momento do pago. En caso de cancelación reembolsarase o pago do 100% do importe si esta se comunica antes do 3 de outubro ao correo: xd.santiago@coag.es
As consultas sobre a organización do evento, poderán remitise a: xd.santiago@coag.es
Animádevos a participar!
VIGO
CONFERENCIA «ESPAZO PÚBLICO ESPAZO COMÚN. RECONSTRUÍR A CIDADE» DE CARLOS SEOANE
O vindeiro 5 de outubro, ás 19,30 horas, con motivo do Día Mundial de la Arquitectura terá lugar na Sala da Delegación de Vigo (Doutor Cadaval, 5) a conferencia do arquitecto Carlos Seoane “Espazo Público-Espazo Común. Reconstruír a cidade”.
Si ben a conferencia é de acceso libre, é precisa a inscrición para unha correcta organización da mesma, a través do seguinte ENLACE.
Ao rematar a conferencia compartiremos uns petiscos.
OURENSE
Delegación de Ourense | Pasado, presente e futuro
O vindeiro xoves día 5 de outubro, a partir das 18:00 h. e coincidindo coa delebración do Día Mundial de la Arquitectura, baixo o lema «ARQUITECTURA PARA COMUNIDADES RESILIENTES», desenvolvermos unha xornada de portas abertas sá que invitamos a tódolos compañeiros da delegación de Ourense.
A xornada se desenvolverá en dúas partes:
- Ás 18:00 horas, e co obxectivo de crear un espazo común onde compartir as experiencias dos máis novos, convidamos a todos os nosos novos compañeiros, a realizar un encontro informal no que podamos abordar temas do voso interese, a incorporación ao mundo laboral, as relacións coa administración Pública e clientes, un espazo que axude a tecer redes colaborativas entre os profesionais desta provincia, así como todos aqueles aspectos que desde o COAG se poidan mellorar para a incorporación dos máis novos á profesión.
- -Ás 19:30 horas, e no marco da celebración do 50 Aniversario do COAG, faremos unha retrospectiva do traballo realizado pola nosa Delegación ao longo destes 50 anos, mediante a creación dunha mesa redonda, á que asistirán algúns dos presidentes que guiaron a nosa Delegación neste medio século de Colexio, conversaremos sobre a fundación do COAG nas súas orixes, as diferentes problemáticas de cada época, as experiencias de cada un traballando polo colectivo, coa fin de extraer conclusións e definir como debería ser o COAG do futuro, como ser máis útiles ao colectivo, á sociedade e á arquitectura.
- Por último, finalizaremos a xornada cun viño para que nos podamos coñecer, charlar e seguir facendo unha delegación máis forte para o futuro que nos espera.
Vos esperamos a todos.
FERROL
Visita guiada «Cuartel de Nuestra señora de Dolores / Tercio del Norte de Infantería de Marina»
O vindeiro martes día 10 de outubro, ás 17.00 horas, con motivo da celebración do Día Mundial da Arquitectura 2023, a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza unha visita guiada ao Cuartel de Nuestra Señora de Dolores no que se aloxa o Tercio del Norte de Infantería de Marina (Avenida Mac Mahón, 31 · Ferrol).
Declarado Ben de Interese Cultural, foi deseñado polo arquitecto e enxeñeiro militar Julián Sánchez Bort, e constitúe unha das obras máis singulares da arquitectura militar do século XVIII.
O acceso á visita guiada é libre e gratuíto, sendo imprescindible a inscrición a través da seguinte LIGAZÓN.
Ao rematar a visita compartiremos uns petiscos.
LUGO
Jornada “Arquitectas de Lugo tras las pioneras. Seis generaciones”
Con motivo del Día Mundial de la Arquitectura y en el marco de la celebración del 50 aniversario del COAG, la Delegación de Lugo organiza la jornada “Arquitectas de Lugo tras las pioneras. Seis generaciones”. Será el 19 de octubre en la Fundación Abanca de Lugo, a las 19:00 horas. Diferentes arquitectas (Laura Campoy Vázquez, Mª Ángeles Castro Dapena, Cristina López Eimil, Patricia Vázquez Mille y Sofía Prósper Díaz-Mor) hablarán de su experiencia en el ejercicio de la profesión en una tertulia presentada por la presidenta de la Delegación de Lugo, Carmen Figueiras Lorenzo. Además, participará la graduada en Arquitectura Andrea Sánchez Vázquez, que realizó su Trabajo Fin de Grado sobre la trayectoria de estas seis arquitectas.