Criterios da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia sobre “a suficiencia do proxecto básico de edificación para a concesión de licencia urbanística”

21 Jun 2021

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) remitiu unha consulta á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo en relación coa suficiencia do proxecto básico para a concesión de licencia urbanística; ao detectarse a existencia de criterios interpretativos distintos en diferentes concellos o que, por tal motivo, están a dificultar o traballo dos profesionais.

A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo dou contestación  ao COAG mediante un informe de data 31/05/2021 relativo á suficiencia do proxecto básico para a concesión de licencia urbanística municipal, no que a Dirección Xeral, de forma motivada sobre a base do previsto na Lei 2/2016 do Solo de Galicia e o seu regulamento, aprobado por Decreto 143/2016 así como o Real Decreto 314/2006 polo que se aproba o Código Técnico da Edificación,  conclúe: “En consecuencia, da interpretación conxunta e integrada das normas citadas, debe concluírse a suficiencia do proxecto básico para a concesión de licencia municipal, sendo necesaria a presentación do proxecto de execución con carácter previo ao inicio das obras”. 

Pode consultarse o contido íntegro da contestación da Dirección Xeral no seguinte ENLACE

Compartir