Categoría

Oferta de emprego para a empresa AECOM.

img-dest-emprego2

O grupo Norconsulting, consultora de recursos humanos está realizando un proceso de selección de Arquitecto para a empresa AECOM para proxecto nas estacións do Metro de Jeddah en Arabia Saudí. A oferta remítese en inglés e, dado que se esixe fluidez neste idioma aos candidatos, non ten sido traducida. Continuar lendo para acceder aos detalles da oferta.

read more…

Obradoiro: Constrúe a túa impresora 3D

Obradoiro: Constrúe a túa impresora 3D

Atinne presenta este Taller de Impresión 3D, no que se ofrece unha alternativa ás impresoras 3D comerciais. Trátase dun curso intensivo de 16 horas no que cada alumno se familiarizará cos principios da impresión 3D, o software e os materiais de impresión mentres aprende a montar a súa propia impresora 3D Prusa i3 de código aberto (open source). Ao final do curso, cada alumno levará á súa casa a súa impresora Prusa i3 montada, lista para imprimir e cos coñecementos necesarios para iniciarse no apaixonante mundo da impresión 3D. 

read more…

Curso Informe de Avaliación de edificios. Ferrol, 9 de xullo de 2014

Curso Informe de Avaliación de edificios. Ferrol, 9 de xullo de 2014

Dende a delegación de Ferrol do COAG convócase este curso co fin coñecer o marco normativo, os criterios, procedementos e responsabilidades que como arquitectos teremos na elaboración de Informes de Avaliación de Edificios, ademais de ofrecer unha visión práctica sobre a casuística e patoloxías propias nos edificios do Concello de Ferrol.

read more…

Xornada técnica. Acondicionamiento e Aillamento Acústico.  Lanas Minerais – ISOVER

Xornada técnica. Acondicionamiento e Aillamento Acústico. Lanas Minerais – ISOVER

A esixencia de calidade nas vivendas e a demanda dun maior confort acústico nos espazos habitables obrigan a revisar a actividade de todos os colectivos e axentes sociais implicados na edificación. En todo o mundo o nivel xeral de ruído é alarmantemente alto.
Só poderemos esperar un resultado óptimo se o illamento acústico planificámolo e integrado nas primeiras fases dun proxecto. No noso esforzo por controlar o ruído, cada detalle conta e é capaz de influír positivamente no nivel final de ruído. Unha boa planificación ha de ter en conta múltiples factores. Refrescaremos conceptos e falaremos de solucións e execución óptima no deseño acústico dos espazos.

read more…

Exposición y conferencias de fotografía. Ourense

Exposición y conferencias de fotografía. Ourense

FOTOGRAFIANDO ESCALEIRAS/ XULLO 2014

Exposición do fotógrafo australiano, afincado en Ourense Mark Ritchie
Inauguración/ 3 de xullo do 2014/ 19.30 horas
El Cercano/  cardenal quevedo, 20/ Ourense
Conferencia ese mesmo día de Mark Ritchie read more…

Oferta de emprego para a empresa AECOM.

O grupo Norconsulting, consultora de recursos humanos está realizando un proceso de selección de Arquitecto para a empresa AECOM para proxecto nas estacións do Metro de Jeddah en Arabia Saudí. A oferta remítese en inglés e, dado que se esixe fluidez neste idioma aos...