Categoría

Congreso sobre o presente e futuro do urbanismo español.

Congreso sobre o presente e futuro do urbanismo español.

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística informa sobre a realización do Congreso Presente e Futuro do Urbanismo español que se celebrará na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela os videiros días 6 e 7 de xuño de 2016, no que intervirán relatores de recoñecido prestixio no ámbito do urbanismo.

read more…

Grupo Puma. Xornada técnica. Illamento térmico ETICS | SATE e impremeabilización.

Grupo Puma. Xornada técnica. Illamento térmico ETICS | SATE e impremeabilización.

Grupo Puma é unha empresa que se dedica á fabricación de produtos e solucións técnicas para a construción. Entre todas as solucións que ofrecen, contan con solucións especifícamente dirixidas á reparación e rehabilitación de edificios.
O obxectivo da xornada é dar a coñecer aos técnicos asistentes algunhas das solucións dirixidas á reparación e rehabilitación de edificios, que poden resultar de interese e de aplicación aos seus proxectos. read more…

Ourense. Olladas na rúa 23

01_OLLADAS NA RUA 23

Colexio dos Maristas.

VENRES 27 ás  19,00 h.

Cidadán: Francisco Javier Limia Gardón.

Arquitecta: Laura Baraja Regueira.

Os irmáns Maristas chegaron a Ourense no ano 1908 instalándose durante un breve espazo de tempo na segunda planta do actual edificio no que se sitúa o Restaurante San Miguel.. Despois de percorrer varios lugares, como o edificio que alberga a actual subdelegación de defensa na rúa do paseo, cesaron a súa actividade na cidade no ano 1932, regresando no ano 1954 e inaugurando no ano 1958 as que a día de hoxe seguen sendo as súas instalacións, na rúa Bedoya. Desde o punto de vista urbanístico esa edificación supuxo un revulsivo para a cidade de Ourense, considerándose como crucial para “ mover o centro da cidade” cara a esa zona, xerando entre outras, as rúas Valle Inclán e posteriormente Ramón Cabanillas.

Concurso de proxectos para a selección dun elemento identificativo para os colexios da Xunta de Galicia

Concurso de proxectos para a selección dun elemento identificativo para os colexios da Xunta de Galicia

Lembramos que o vindeiro luns día 13 de xuño, ás 14:00 h remata o plazo para presentación de propostas ao referido concurso, por parte dos colexiados previamente inscritos no mesmo.

Lembramos, así mesmo, que a presentación de propostas deberase realizar a través web colexial, no seguinte ENLACE. A presentación pecharase automaticamente na hora sinalada. Neste sentido, recomendamos aos colexiados realizar a subida da documentación da proposta coa suficiente marxe respecto ao peche do prazo. read more…

Nova Lei de Patrimonio cultural de Galicia

Nova Lei de Patrimonio cultural de Galicia

No Diario Oficial de Galicia do 16 de Maio publicouse a nova Lei 5/2016 de 4 de Mayo do Patrimonio cultural de Galicia.  Esta lei ten por obxecto a protección, conservación, acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural de Galicia. Derroga de forma expresa: a) A Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia: b) A Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos Camiños de Santiago, e c) A Lei 12/1991, do 14 de novembro, de traballos de dotación artística nas obras públicas e Camiños de Santiago de Galicia. Entra en vigor  aos tres meses da súa publicación no DOG, e dicir o 16/08/2016

read more…

Xornada técnica Graphenstone

Xornada técnica Graphenstone

GRAPHENSTONE e DISPAINT organizan estas xornadas técnicas de presentación sobre «O grafeno en revestimentos e morteros de cal, solucións flexibles, resistentes, transpirables, anti fungí, anti condensación e conductivas» para os seguintes días: read more…

Nova Lei de Patrimonio cultural de Galicia

Apertura do trámite de presentación de propostas de candidaturas aos Premios de arquitectura e rehabilitación 2016.

Como se indicaba na circular 15/2016, a Xunta de Goberno na súa sesión 05/2016 de 3 de maio acordou abrir un procedemento previo para que os colexiados que estean interesados en participar poidan presentar as súas obras a ditos premios, para que posteriormente, a Xunta de Goberno colexial poda facer a revisión e selección previa por cada categoría, e poda elevalas como propostas do COAG ás deliberacións do xurado do concurso para optar sos diferentes premios.

Como se indicou na devandita circular, a forma de presentación da documentación das propostas, quedou pendente da concreción coa Xunta de Galicia dos aspectos técnicos que implica este trámite. Resolta esta cuestión, na circular nº 16/2016 se refiren as indicacións relativas á forma de presentación das propostas e demais cuestións de interese sobre este asunto.

read more…

Xornada Deputación Lugo co COAG “A nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia: aplicación práctica no rural”

Xornada Deputación Lugo co COAG “A nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia: aplicación práctica no rural”

Dende a área de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación de Lugo, na política de fomento e mellora constante dos nosos servizos prestados, e continuando coa implantación e desenvolvemento do Departamento de Asistencia Técnica Urbanística posto en marcha recentemente, somos conscientes de que nos últimos anos, o urbanismo, con todas as modificacións e novidades na súa Normativa de aplicación, e en especial a recente aprobación da nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia, experimentou unha notable influencia no desenvolvemento das actividades económicas, industriais e sociais da nosa Comunidade e está no centro do debate público e político. read more…

Congreso “Rexeneración urbana e territorial dende a intervención en edificios”

Congreso “Rexeneración urbana e territorial dende a intervención en edificios”

As novas preocupacións por cuestións relacionadas pola eficiencia enerxética e a sustentabilidade non deben facernos esquecer a relación do edificio e a súa contorna.
É necesario reflexionar sobre a forma de actuar nos nosos edificios, nas nosas cidades, no noso rural….na nosa paisaxe. A oportunidade que xorde coa rehabilitación do parque edificatorio pode aproveitarse entre outras para rexenerar espazos urbana e socialmente degradados, para poñer en valor a arquitectura tradicional ou para fixar poboación nos centros históricos e no rural. read more…

CURSO NIVEL BÁSICO. REVIT 60H

CURSO NIVEL BÁSICO. REVIT 60H

En Colaboración coa empresa Ara Formación, informamos da celebración dun Curso nivel básico de REVIT que dará comenzo o próximo mércores 18 de Xuño de 2016.

PRAZAS LIMITADAS

read more…

Ourense. Olladas na rúa 23

Colexio dos Maristas. VENRES 27 ás  19,00 h. Cidadán: Francisco Javier Limia Gardón. Arquitecta: Laura Baraja Regueira. Os irmáns Maristas chegaron a Ourense no ano 1908 instalándose durante un breve espazo de tempo na segunda planta do actual edificio no que se sitúa...

Nova Lei de Patrimonio cultural de Galicia

Nova Lei de Patrimonio cultural de Galicia

No Diario Oficial de Galicia do 16 de Maio publicouse a nova Lei 5/2016 de 4 de Mayo do Patrimonio cultural de Galicia.  Esta lei ten por obxecto a protección, conservación, acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural de Galicia. Derroga de forma...

Xornada Deputación Lugo co COAG “A nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia: aplicación práctica no rural”

Xornada Deputación Lugo co COAG “A nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia: aplicación práctica no rural”

Dende a área de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación de Lugo, na política de fomento e mellora constante dos nosos servizos prestados, e continuando coa implantación e desenvolvemento do Departamento de Asistencia Técnica Urbanística posto en marcha...

CURSO NIVEL BÁSICO. REVIT 60H

CURSO NIVEL BÁSICO. REVIT 60H

En Colaboración coa empresa Ara Formación, informamos da celebración dun Curso nivel básico de REVIT que dará comenzo o próximo mércores 18 de Xuño de 2016. PRAZAS LIMITADAS Datas: do 18 de Maio ao 23 de Xuño Horarios: luns a xoves de 19:00h a 21:50h Lugar celebración...