|
|
|
|
|
Aprobación de documentación de asuntos a tratar na Xunta Xeral ordinaria do 19 de maio de 2026: Memoria de Xestión colexial 2025 e Peche de Contas |
|
|
| Tal e como se indica na Circular 9 2026, está dispoñible no apartado de Xunta Xeral do Panel de Servizos, a Memoria de Xestión colexial de 2025 e o Peche de Contas do exercicio 2025, que se someterán á súa aprobación pola Xunta Xeral ordinaria que terá lugar o vindeiro 19 de maio de 2026. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fallo dos Premios Próximos 2026 |
|
|
| Co nome de Premios “Próximos” quérese facer referencia ao espírito do ciclo de conferencias que, ao longo dos últimos anos, ven organizando a Delegación de Santiago co obxectivo de dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos a nosa delegación determinados polo emprazamento das obras. Conforme á convocatoria realizada a finais do mes de febreiro, un total de 40 propostas foron presentadas á edición do ano 2026 dos Premios PRÓXIMOS. O xurado da presente edición emitiu o seu fallo polo cal destaca 11 das candidaturas presentadas. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Gala de entrega dos Premios Gran de Area 2025 |
|
|
| As Xuntas Directivas das delegacións de Pontevedra, Ourense e Vigo do COAG teñen o pracer de convidarvos á gala de entrega dos Premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2025, que terá lugar o vindeiro sábado 23 de maio no novo Auditorio de Marín, situado na Praza de España. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso Práctica BIM: A casa Farnsworth en Revit, Archicad, Edificius e Bonsai |
|
|
| O obxectivo do exercicio práctico é que o alumnado se familiarice coa metodoloxía e a estratexia empregadas no proceso de modelización (comezando a pensar en BIM), que é transversal a calquera ferramenta de software empregada para este fin. Proponse como exercício práctico a elaboración dun modelo arquitectónico básico da casa Farnsworth de Mies Van der Rohe. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia “Laxedo – Bugallo & Villaverde” |
|
|
| O vindeiro xoves 14 de maio, ás 19:00 horas, terá lugar na sala da Delegación de Vigo do COAG a conferencia "Laxedo - Bugallo & Villaverde", a cargo de Manuel Angel Bugallo Otero e Cristina Villaverde Ruibal. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada de convivencia na Mariña – “A Mariña como palimpesto” |
|
|
| A Delegación de Lugo do COAG organiza a xornada de convivencia “A Mariña como palimpsesto” o vindeiro sábado 16 de maio, cun percorrido en tren FEVE entre Ribadeo e Viveiro, que permitirá achegarse á paisaxe e ao territorio desde unha lectura directa do mesmo. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Caso de éxito de vivenda con perspectiva de xénero: A comunidade habitacional |
|
|
| O mércores 20 de maio, de 12:00 a 13:30 horas, o COAG celebra unha nova xornada sobre casos de éxito con perspectiva de xénero co proxecto de A comunidade habitacional, de Cierto Estudio. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Dispoñible a gravación da Xornada Novxs Arquitectxs Delegación de Santiago de Compostela |
|
|
| Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da xornada "Novxs Arquitectxs", un encontro concibido como un espazo de visibilización e intercambio para arquitectas e arquitectos novos, que tivo lugar o pasado 17 de marzo en Santiago de Compostela. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Informe sobre as axudas á vivenda Actualizado 01 | 05 | 26 |
|
|
| Actualizado 01 | 05 | 26 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fallo do Concurso para a construción do novo “Parque Deportivo Inclusivo Porto do Molle” no concello de Nigrán (Pontevedra) – Apertura de sobre nº 1 |
|
|
| Publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público, con data 11 de maio, o fallo do xurado deste Concurso, no que saíu premiada a proposta "XEITO 8", dos arquitectos Rodrigo Martínez García e Arturo Menduiña Hernández da sociedade Baile Menudiña, S.L.P. Enlace a la noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concello de Castroverde – Unha praza de Arquitecto/a |
|
|
| No BOP-Lugo de 5 de maio aparce o anuncio do acordo da Xunta de Goberno Local celebrada en sesión ordinaria o 22 de abril de 2026, polo que se aproban as bases e convocatoria do proceso selectivo para cubrir unha praza en propiedade de funcionario de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, de técnico/a superior de Arquitectura do Concello de Castroverde, Grupo A1 mediante o sistema de oposición. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Últimos días da Enquisa ANMARQ: Seguridade Social e as pensións para arquitectos |
|
|
| Desde ANMARQ puxemos en marcha unha enquisa sobre a situación dos mutualistas arquitectos e arquitectos técnicos, que pecharemos o vindeiro 15 de maio a nivel nacional. Enlace ánoticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada divulgativa sobre as ECCOM (Entidades de Certificación de Conformidade Municipal) |
|
|
| Ecutecnia ten o pracer de convidarlle á xornada divulgativa sobre as ECCOM (Entidades de Certificación de Conformidade Municipal) que se celebrará en Santiago de Compostela o próximo 20 de maio. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de abril de 2026 |
|
|
| No apartado Boletíns de normativa da web colexial, pódese acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de abril de 2026 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP’s provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas, e o planeamento urbanístico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|