|
|
|
|
|
Dispoñible o catálogo de libros dixitalizados do Arquivo do COAG |
|
|
| Grazas ao traballo realizado desde Libros COAG, xa están dispoñibles: O catálogo de libros dixitalizados con OCR para a súa descarga gratuíta a través do PDF interactivo do [+catálogo]. O catálogo trátase dun PDF interactivo que recolle os enlaces a todos os libros dixitalizados para a súa consulta e descarga gratuíta. Máis de 50 publicacións para a súa adquisición a través da páxina de [+LibrosCOAG]. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Concello de Ourense incorpórase á interoperabilidade co COAG |
|
|
| A partires do día 9 de marzo o Concello de Ourense incorpórase á interoperabilidade co COAG. Este servizo é froito do convenio asinado entre o COAG e o Concello. Así, a partires do día 9 de marzo, consignando o código de expediente/traballo(s) do COAG na tramitación da licencia ou de outras autorizacións administrativas, e sempre e cando os técnicos redactores o teñan autorizado previamente, o Concello accederá á documentación técnica visada/rexistrada para incorporala á tramitación municipal. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada informativa sobre a pasarela ao RETA: conceptos, estado actual da situación e dúbidas |
|
|
| Hoxe mércores 11 de marzo, ás 17:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar unha Xornada informativa sobre a pasarela ao RETA. Esta Xornada, que é posible grazas á colaboración de ANMARQ, abordará os principais conceptos desta pasarela, o seu estado actual, así como as posibles dúbidas relativas á mesma. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Erros comúns na tramitación de visado |
|
|
| O mércores 18 de marzo ás 12:00 horas, Anxo de la Puente Fernández, arquitecto coordinador da área de visado do Colexio de Arquitectos de Galicia, fará un repaso detallado para corrixir os erros materiais e formais máis recorrentes na tramitación de expedientes (rexistro e visado). Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada Novxs Arquitectxs Delegación de Santiago de Compostela |
|
|
| A Delegación de Santiago do COAG organiza unha nova xornada de “novxs arquitectxs”, un encontro pensado para xerar un espazo de intercambio entre profesionais que están comezando a súa práctica arquitectónica. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso_”Instalacións de iluminación” |
|
|
| As instalacións de iluminación nos edificios satisfán as esixencias de seguridade baixo criterios de utilización segundo o uso destinado a estes. Un deseño adecuado das instalacións de iluminación, atendendo ademais a solucións de iluminación natural facilitan, non só seguridade, senón tamén confort visual, contribuíndo ao estado de ánimo e saúde dos ocupantes, á estética e caracterización dos espazos e ao aforro enerxético. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso sobre a Normativa de funcionalidade en vivenda: NHV, DB SUA, DB SI |
|
|
| O obxectivo deste curso é facer un percorrido polas esixencias básicas que teñen incidencia directa nos aspectos dimensionais e de deseño dos edificios de uso residencial vivenda, nas súas diferentes tipoloxías. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Asamblea HNA y finalización del plazo de inscripción |
|
|
| Por su posible interés, importancia y urgencia para los colegiados mutualistas, HNA ha anunciado la celebración de su «Asamblea General nº 90» para el día 26 de marzo de 2026. En una reseña en el Área Privada de su página web se puede encontrar toda la documentación referida a dicha Asamblea. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| BATLLE I ROIG ARQUITECTURA SLP selecciona arquitecto/a asalariado para formar parte do equipo redactor de proxectos en todas as súas fases . Enlace á noticia.
Estudo de arquitectura con sede en Vigo, selecciona arquitecto/a asalariado. Enlace á noticia.
Estudo de arquitectura STGO con sede en Ferrol, selecciona arquitecto/a para cubrir 2 postos de traballo asalariado. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso formación iluminación especializada en A Coruña |
|
|
| Formación especializada en iluminación arquitectónica para retail, residencial, hoteles y restaurantes en colaboración con COAG. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de febreiro de 2026 |
|
|
| No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de febreiro de 2026 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP’s provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas, e o planeamento urbanístico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|