|
|
|
|
|
Presentación do informe sobre a ‘Evolución do visado de vivendas de nova planta no período 2020-2025’ |
|
|
| O COAG presentou os datos de 2025, así como un amplo informe sobre a evolución dos visados dos últimos seis anos, por provincias e comarcas, no que se constata un crecemento sostido. O Colexio de Arquitectos de Galicia visou 4.839 vivendas de nova planta en 2025, un 39 % máis que no ano anterior, Rexistráronse 3.374 vivendas colectivas, un 59 % máis que en 2024, e 1.465 vivendas unifamiliares, cun aumento do 8 % con relación ao 2024. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
[continuación] #COAGconta: Modificacións normativas incorporadas pola Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas |
|
|
| O xoves 19 de febreiro ás 12:00 horas, José María Domínguez Blanco, Xefe Servizo Disciplina Urbanística e Conservación do Concello de Vigo e Ignacio Soto González, Arquitecto Municipal do Concello de Teo, continuarán a explicarnos os cambios en varias disposicións legais en materia de urbanismo e edificación que trouxo a Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, coñecida como Lei de acompañamento. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Novas edicións para o Obradoiro sobre IA: Apoio da IA para xestión de normativa e redacción de memorias. LLMs |
|
|
| Tras comprobar a dispoñibilidade do relator, establecemos novas edicións: - 5ª edición: 25, 26 e 28 de maio. - 6ª edición: 8, 9 e 11 de xuño. Durante este curso coñeceremos mediante exemplos prácticos como podemos apoiarnos na Intelixencia Artificial para a xestión da normativa existente, a redacción e o control de memorias, entre outros casos de utilidade ao longo das distintas fases dun proxecto. Así mesmo, estableceremos un guión de boas prácticas para a súa utilización. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Conferencia de LCG Arquitectura: Ancora imparo |
|
|
| O mércores 25 de febreiro, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Ancora imparo que será impartida polos arquitectos Jorge García Anta e Fernando Eiroa Lorenzo, arquitectos e socios do estudio LCG Arquitectura. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Víctor Cageao e as Coleccións Reais |
|
|
| O 26 de febreiro de 2026, ás 20:00 horas, celébrase na Delegación do COAG-Lugo unha xornada con Víctor Cageao, arquitecto lucense, que falará sobre a dirección dunha das coleccións máis relevantes integradas en Patrimonio Nacional e sobre a súa relación cun dos edificios de referencia da arquitectura contemporánea no noso país: a Galería das Coleccións Reais. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A responsabilidade do arquitecto no exercicio profesional |
|
|
| O vindeiro venres día 27 de febreiro terá lugar, na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, unha xornada organizada pola Agrupación de Arquitectos, Peritos e Forenses do COAG sobre a responsabilidade no exercicio profesional da arquitectura. Abordarase a situación actual da actividade profesional dos arquitectos e as responsabilidades na obra, o urbanismo e o proceso edificatorio, incluíndo espazos de preguntas e debate para o intercambio de ideas. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Gravación da xornada informativa sobre licenzas, disciplina urbanística e IAE |
|
|
| O mércores 11 de febreiro, ás 17:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, tivo lugar unha Xornada informativa sobre Licenzas, Disciplina Urbanística e IAE. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| KNF Arquitectura & Ingeniería con sede en Vigo, selecciona arquitecto/a asalariado. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Estudio Arquitectura con sede en A Coruña, selecciona arquitecto/a asalariado. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|