|
|
|
|
|
Últimos días para matricularse na Escola de Opositores COAG |
|
|
| Lembrámosvos que o domingo 15 de febreiro ás 23:59 (ou ata agotarse as prazas dispoñibles) remata o prazo de matrícula para a primeira edición da Escola de Opositores do COAG. ¡ ÚLTIMOS DÍAS ! O proxecto da Escola de Opositores COAG nace cun dobre propósito que cobra especial importancia no contexto actual: Apoiar aos colexiadas que queren incorporarse á función pública, tanto na Administración local como na autonómica. Apoiar ás Administracións para que poidan finalizar con éxito os procesos de contratación de persoal, contando con profesionais coa formación e perfil óptimos para as funcións que van desempeñar. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada informativa sobre licenzas, disciplina urbanística e IAE |
|
|
| Hoxe mércores 11 de febreiro, ás 17:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar unha Xornada informativa sobre Licenzas, Disciplina Urbanística e IAE. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Novas edicións para o Obradoiro sobre IA: Apoio da IA para xestión de normativa e redacción de memorias. LLMs |
|
|
| Tras comprobar a dispoñibilidade do relator, establecemos novas edicións: - 5ª edición: 25, 26 e 28 de maio. - 6ª edición: 8, 9 e 11 de xuño. Durante este curso coñeceremos mediante exemplos prácticos como podemos apoiarnos na Intelixencia Artificial para a xestión da normativa existente, a redacción e o control de memorias, entre outros casos de utilidade ao longo das distintas fases dun proxecto. Así mesmo, estableceremos un guión de boas prácticas para a súa utilización. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A responsabilidade do arquitecto no exercicio profesional |
|
|
| O vindeiro venres día 27 de febreiro terá lugar, na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, unha xornada organizada pola Agrupación de Arquitectos, Peritos e Forenses do COAG sobre a responsabilidade no exercicio profesional da arquitectura. Abordarase a situación actual da actividade profesional dos arquitectos e as responsabilidades na obra, o urbanismo e o proceso edificatorio, incluíndo espazos de preguntas e debate para o intercambio de ideas. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enquisa ANMARQ: Seguridade Social e as pensións para arquitectos |
|
|
| Desde ANMARQ puxemos en marcha unha enquisa sobre a situación dos mutualistas arquitectos e arquitectos técnicos. Xa temos datos de aproximadamente a metade dos nosos 1322 socios, pero entendemos que desde os colexios poderíase obter máis datos relevantes sobre a situación real das pensións dos arquitectos. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Último día - Convocatoria para la selección del comisariado de la XIV Bienal Iberoamericana de Arquitectura y Urbanismo |
|
|
| El Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana (MIVAU), en colaboración con el Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE) tiene abierto el proceso de CONVOCATORIA PARA LA SELECCIÓN DEL COMISARIADO DE LA XIV BIENAL IBEROAMERICANA DE ARQUITECTURA Y URBANISMO. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
11 de febreiro – Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia |
|
|
| Unión Profesional de Galicia, en representación de 46 Colexios Profesionais da comunidade autónoma galega e na celebración do Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia, mostra o seu compromiso coa plena e igualitaria participación das mulleres nas profesións científico-técnicas e no sistema de ciencia. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fallo 1ª fase – Concurso para a construción do novo “Parque Deportivo Inclusivo Porto do Molle” no concello de Nigrán (Pontevedra) |
|
|
| Publicada na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, con data 2 de febreiro, a Finalización da Fase 1 e inicio da Fase 2 do concurso de proxectos. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concurso de proxectos para adxudicar os contratos de servizos para a construción de vivendas VPP en Santiago de Compostela e A Coruña |
|
|
| A Xunta de Galicia, a través do IGVS pretende construír edificios destinados a vivendas e aloxamentos de promoción pública en terreos situados no barrio de Salgueiriños, en Santiago de Compostela, e na zona contigua ao Campus de Elviña, na cidade da Coruña. A actuación completaríase coa construción en cada un dos ámbitos dunha residencia xuvenil a promover pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Ambas actuacións requiren, en maior ou menor medida a tramitación do documento urbanístico que contemple a ordenación do ámbito adaptada ao desenvolvemento das edificacións que se pretenden construír. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concello de Redondela – Unha praza de Arquitecto/a |
|
|
| No DOG de 11 de febreiro, aparece o Anuncio da oferta de emprego público para o ano 2025 do Concello de Redondela, onde figura, entre outras, unha praza de Arquitecto/a como persoal laboral fixo a tempo completo. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|