 |
|
|
|
|
[COAGAxuda] Lista aberta de colexiados e colexiadas dispostas a axudar no proceso de recuperación das nosas familias e a nosa terra - Ate o 15 de setembro |
|
|
| No 2017, ante a vaga de incendios que sufriu Galicia, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, dentro do seu compromiso social, puxo en marcha un proceso para apoiar as familias que o necesitasen. Este verán de 2025 repítese a situación e de novo toda Galicia, en especial a provincia de Ourense, está a sufrir unha devastación inasumible. Os danos son irreparables e de novo reiteramos a necesidade de prevención para non sufrir esta traxedia cada poucos anos. En calquera caso, de novo todos/as os/as que formamos parte deste colectivo queremos estar a disposición do país. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Solicitude dun/duns arquitectos/as interesados/as no encargo da Redacción de proxecto e dirección técnica de dúas demolicións no Concello de Nigrán - Ate as 13:59 h. do venres 12 de setembro |
|
|
| O Concello de Nigrán solicita ao Colexio de Arquitectos de Galicia a colaboración na designación, mediante sorteo, duns/dunhas colexiado/a interesados nas seguintes actuacións: Redacción do proxecto e dirección técnica da demolición dunha construcción baixo cuberta, sen licenza sita na Avda. Praia América núm. 110, parroquia de San Pedro. Redacción do proxecto e dirección técnica da demolición íntegra da totalidade da edificación sita na rúa Rans núm. 5, parroquia de San Pedro.
Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A responsabilidade do arquitecto no exercicio profesional |
|
|
| O vindeiro venres día 26 de setembro terá lugar, na Delegación de Vigo do COAG, unha xornada organizada pola Agrupación de Arquitectos, Peritos e Forenses do COAG sobre a responsabilidade no exercicio profesional da arquitectura. Abordarase a situación actual da actividade profesional dos arquitectos e as responsabilidades na obra, o urbanismo e o proceso edificatorio, incluíndo espazos de preguntas e debate para o intercambio de ideas. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocatoria de ANMARQ para a manifestación o 27 de setembro en Madrid |
|
|
| Por parte de todos os movementos, agrupacións e asociacións implicados na loita pola PASARELA Ao RETA, que agrupa entre outros fundamentalmente aos colectivos de Avogados e Procuradores xunto aos Arquitectos, Arquitectos Técnicos, Aparelladores e Químicos, convocouse unha Manifestación o próximo 27 de setembro de 2025 en Madrid. É dicir, que xunto a ANMARQ son convocantes Plataforma Pasarela ao RETA, #J2, #J2 Procura , ANAMA, VENIA, ou Marea Negra entre outros. Como as anteriores, a Manifestación comezará na Praza de España ata o Congreso, con concentración ás 11:30 e inicio ás 12:00. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Novas prazas para Obradoiro de Ricardo Orts: Ferramentas de IA para a Arquitectura |
|
|
| Debido ao éxito da inscricipción ao obradoiro abrimos unha segunda edición para a mesma semana. A nova edición deste obradoiro dirixido por Ricardo Orts co nome Ferramentas de IA para a Arquitectura: Workflows Avanzados para a Creación de Imaxes e Vídeo será tamén como a edición anterior presencial en Santiago de Compostela os días martes 30 de setembro e mércores 1 de outubro en horario de 10:00-14:00 e 15:30-19:30. Na sede do COAG, Praza da Quintana, 1, 3º, Santiago de Compostela. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Caso de éxito de prefabricación. Casa Sieteymedio |
|
|
| O mércores 17 de setembro, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebra unha xornada sobre casos de éxito de prefabricación coa Casa Sieteymedio de ARROKABE ARQUITECTOS, Óscar Andrés Quintela e Iván Andrés Quintela. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso de Fundamentos da construcción en madeira |
|
|
| O obxectivo deste curso é que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para a utilización da madeira como material estrutural e construtivo tanto para obra nova como rehabilitación. Faremos un repaso das súas propiedades físico-mecánicas e dos principais sistemas construtivos, así como dos aspectos fundamentais a ter en conta en materia de durabilidade y deseño de detalles. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Escola de Opositores COAG – Enquisa Interese - Ate o luns 15 de setembro |
|
|
| O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia está a preparar a posta en marcha dunha Escola de Opositores, un programa formativo exclusivo para colexiados, pensado para aquelas persoas que desexen preparar oposicións no ámbito da arquitectura e da función pública. Trátase dunha iniciativa estruturada e rigorosa, orientada a proporcionar os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para afrontar con garantías os distintos procesos selectivos. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Cursos de Revit e Archicad nivel intermedio. Fin de Prazo de matriculación - Hoxe último día |
|
|
| Hoxe mércores 10 de setembro, ás 23:55 h, remata o prazo para matricularse dos cursos de Revit e Archicad nivel intermedio. Estes cursos desenvólvense en modalidade totalmente en liña. Lembrámosvos que os colexiados matriculados no curso de iniciación de 2024 terán un desconto do 35% para a matrícula do nivel intermedio. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
EL CMD homenajea el Centro Cultural de Forges con motivo del Día Mundial de la Construcción Sostenible |
|
|
| El Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, con la colaboración del Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, realizará el próximo 23 de septiembre un homenaje y puesta en valor del Centro Cultural Forges, con motivo del Día Mundial de la Construcción Sostenible. Lo hará en un acto simbólico, a las 11.00 horas, en el propio edificio, en el que participarán el presidente del CMD, José Manuel Iglesias; los arquitectos responsables de la obra, Daniel Gómez y Adrián López, FIRM Architects; el decano del Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Luciano Alfaya; y Carlos López, alcalde de A Fonsagrada. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Últimos días para presentar candidaturas aos Premios de arquitectura Tejas Verea |
|
|
| Os Premios Internacionais de Arquitectura Cubertas Tejas Verea é un certame organizado por Tejas Verea en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Está dirixido a profesionais da arquitectura para distinguir obras ou solucións destacadas en cubertas realizadas con tellas cerámicas Verea. Ate o 11 de setembro. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concurso de proxectos para reformular e planificar fachada marítima Concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña) |
|
|
| O obxecto do concurso de ideas a nivel de anteproxectos, aberto e con intervención de xurado, consiste en definir as estratexias de ordenación do espazo público da fronte marítima da Pobra do Caramiñal, prestando especial atención á zona do mercado semanal. Concurso participado polo COAG. Ampliado o prazo ate o 23/09/2025 ás 13:00 h. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Universidade de Santiago de Compostela – Dúas prazas de arquitecto/a |
|
|
| No DOG de 9 de setembro, publícase a RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2025 pola que se convocan probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de arquitecto/a pola quenda de acceso libre. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
MP Software Técnico: oferta ZWCAD e ARCHLINE |
|
|
| A Xunta de Goberno, na súa sesión 4/2025 do 13 de marzo, acordou aceptar a proposta de MP Software Técnico, S.L., distribuidor oficial de Cadline Ltd-Archline en España e de ZWSoft en España, de ofrecer aos socios do COAG un desconto na adquisición de licenzas dos programas ARCHLINE e ZWCAD. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|