 |
|
|
|
|
21º Premios COAG: finalistas e asistencia ao acto de entrega de premios |
|
| Infórmase que xa se pode consultar na web colexial os finalistas da 21 edición dos Premios COAG. Coarenta e sete obras e proxectos optarán aos galardóns que se entregarán o sábado 5 de abril en Santiago de Compostela. Esta edición conta co patricinio de Finsa, Cortizo, Bandalux e Aluman, ademais da colaboración de outras empresas e do concello de Santiago de Compostela. As persoas colexiadas que estean interesadas en asistir á gala de entrega de galardóns, deberán inscribirse cubrindo o formulario dispoñible seguinte enlace: https://www.coag.es/premios Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocatoria aberta de procura de proxectos para o nº 35 de Obradoiro_ Prospectiva 1: PAISAXES |
|
| Prospectivas é o proxecto editorial gañador do concurso publicado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para dirixir a revista Obradoiro durante os próximos tres números. Esta iniciativa articúlanse en tres eixos temáticos que comparten un propósito: abordar os desafíos espaciais e sociais aos que Galicia se enfronta nos próximos anos. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornadas “Xentes, espazos e lugares” 2025 |
|
| Xentes, Espazos e Lugares é un programa de divulgación e formación non regrada, dirixido á cidadanía en xeral, conformado por un conxunto de charlas que teñen por obxectivo ofrecer unha visión plural e complexa dos espazos e os lugares que habitamos, tendo moi presente como se desenvolve neles a nosa vida. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada de asesoramento en liña sobre o programa de mellora da accesibilidade en vivendas e edificios de vivendas para 2025 |
|
| O luns 24 de marzo, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebrará unha xornada de asesoramento en formato en liña sobre o Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas, cuxa convocatoria se publicou no DOG o mércores 19 de marzo. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Charla informativa sobre a Pasarela Reta |
|
| O xoves día 27 de marzo, ás 19.30 horas, a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza unha charla informativa en colaboración coa Asociación Nacional de Mutualistas Arquitectos ANMARQ, na que contaremos coa intervención de Ana Rodríguez Luaces (Vicepresidenta da Delegación Galicia) e Rafael Fernández Vale (Delegación Galicia). Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Desvelar e revelar: Arquitectura e fotografía. Encontro con Jesús Granada |
|
| A Delegación de Lugo do COAG ten o pracer de recibir ao arquitecto e fotógrafo Jesús Granada, colaborador da revista El Croquis, nunha charla onde exploraremos a relación entre arquitectura e fotografía. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Dispoñible a gravación de Ciclo Territorios Análogos (2) Conferencia Javier Burón “A urxencia do tempo e a dificultade espacial nas políticas públicas de vivenda”. |
|
| Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da conferencia celebrada o pasado martes 4 de febreiro, a cargo de Javier Burón, titulada A urxencia do tempo e a dificultade espacial nas políticas públicas de vivenda. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso CYPE MEP. Deseño e cálculo. Aberto prazo de matrícula. |
|
| O curso de Deseño e Cálculo de Instalacións do Edificio con CYPECAD MEP permite deseñar e dimensionar a envolvente, a distribución e as instalacións do edificio nun modelo 3D. O uso de software para o cálculo de instalacións e a interpretación dos seus resultados segundo o CTE é clave para un deseño axeitado e a súa adaptación á obra real. O curso desenvólvese en modalidade integramente en liña, a través da plataforma de formación en liña do COAG [+ moodle.coag.es]. A metodoloxía e a duración do curso pretenden priorizar a flexibilidade para o alumno, que pode adaptar o curso á súa dispoñibilidade e necesidades. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso QGIS. Nivel iniciación. Aberto prazo de matrícula. |
|
| O curso QGIS: Nivel iniciación ten como obxectivo proporcionar ao alumno unha base sólida para o traballo con Sistemas de Información Xeográfica utilizando o software libre QGIS, co propósito de abordar traballos de índole espacial, como o inventario de activos, análise paisaxística, xeración de cartografía, etc. Para iso, traballaremos con modelos de datos, procederemos á descarga de información xeográfica en liña, obteremos a cartografía e analizaremos os datos obtidos. O curso desenvólvese en modalidade integramente en liña, a través da plataforma de formación en liña do COAG [+ moodle.coag.es]. A metodoloxía e a duración do curso pretenden priorizar a flexibilidade para o alumno, que pode adaptar o curso á súa dispoñibilidade e necesidades. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sociedade de Vivenda Pública de Galicia – 3 +1 prazas de arquitecto/a |
|
| No DOG de 19 de marzo, publícase o anuncio polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas categorías desta entidade do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, entre as que figuran, pola quenda xeral, 3 prazas de arquitectos/as, así como 1 de arquitecto/a pola quenda de discapacidade, que se rexerán polas bases do proceso de selección, que serán publicadas na páxina web: www.vivendapublica.gal. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Oferta de formación por Beca |
|
| Estudo de arquitectura SINGIEVALUE, con sede en Santiago e Ferrol selecciona arquitecto/a para formación por beca FEUGA/FUDC. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocatoria 2025 das axudas do programa de mellora da accesibilidade en vivendas e edificios de vivendas |
|
| No DOG do 19 de marzo, aparece a RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 17 de marzo de 2025 pola que se procede á convocatoria do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas para o ano 2025 con carácter plurianual do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 (código de procedemento VI435B).. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de marzo de 2025 |
|
| No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de marzo de 2025 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP’s provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas, e o planeamento urbanístico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|