 |
|
|
|
|
21º Premios COAG: finalistas e asistencia ao acto de entrega de premios |
|
| Infórmase que xa se pode consultar na web colexial os finalistas da 21 edición dos Premios COAG. Coarenta e sete obras e proxectos optarán aos galardóns que se entregarán o sábado 5 de abril en Santiago de Compostela. Esta edición conta co patricinio de Finsa, Cortizo, Bandalux e Aluman, ademais da colaboración de outras empresas e do concello de Santiago de Compostela. As persoas colexiadas que estean interesadas en asistir á gala de entrega de galardóns, deberán inscribirse cubrindo o formulario dispoñible seguinte enlace: https://www.coag.es/premios Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Concello de Sanxenxo incorpórase á interoperabilidade co COAG |
|
| A partires do día 10 de marzo o Concello de Sanxexo incorporarase á interoperabilidade co COAG a través da plataforma "pasaxe". Este servizo é froito do convenio asinado entre o COAG e a Xunta de Galicia. Así, a partires do día 10 de marzo, consignando o código de expediente/traballos do COAG na tramitación da licencia ou de outras autorizacións administrativas, e sempre e cando os técnicos redactores o teñan autorizado previamente, o Concello accederá á documentación técnica correspondente para incorporala á tramitación municipal. Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada informativa Pasarela ao RETA |
|
| Hoxe mércores 12 de marzo ás 19:30 h. Ante a preocupación e incerteza motivada pola recente proposición de lei na que o Goberno expón unha pasarela entre as mutualidades e o RETA, a delegación do COAG de Santiago organiza unha charla informativa con Manuel Carazo, persoa da Xunta de Goberno que está dando seguimento á cuestión. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aberto o prazo de suxerencias ao documento inicial das Bases estratéxicas para o desenvolvemento do Proxecto Coruña Marítima |
|
| Informámoste de que está aberto o prazo de suxerencias que durará un mes, até o 7 de abril, ao documento inicial das “BASES ESTRATÉGICAS PARA EL DESARROLLO DEL PROYECTO CORUÑA MARÍTIMA” que pode consultarse no seguinte enlace: Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada informativa cursos QGIS iniciación e CYPECAD MEP |
|
| En relación á recente apertura de matrícula dos cursos QGIS iniciación e CYPECAD MEP vaise realizar unha xornada informativa online que terá lugar o venres 14 de marzo de 17:00 a 18:00 horas para aclarar dúbidas en canto a organización e desenvolvemento dos mesmos. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: A factura electrónica |
|
| O mércores 19 de marzo de 12:00 a 14:00 horas, tentaremos entender Verifactu, o novo sistema de verificación de facturas da Axencia Tributaria, que será necesario para cumprir coa Lei antifraude. Falaremos das súas características, como nos afecta, a súa entrada en vigor e solucións a través de software homologados. Veremos en detalle una destas ferramentas para coñecer as súas funcionalidades, custos e financiamento a través do Kit Dixital. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso CYPE MEP. Deseño e cálculo. Aberto prazo de matrícula. |
|
| O curso de Deseño e Cálculo de Instalacións do Edificio con CYPECAD MEP permite deseñar e dimensionar a envolvente, a distribución e as instalacións do edificio nun modelo 3D. O uso de software para o cálculo de instalacións e a interpretación dos seus resultados segundo o CTE é clave para un deseño axeitado e a súa adaptación á obra real. O curso desenvólvese en modalidade integramente en liña, a través da plataforma de formación en liña do COAG [+ moodle.coag.es]. A metodoloxía e a duración do curso pretenden priorizar a flexibilidade para o alumno, que pode adaptar o curso á súa dispoñibilidade e necesidades. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso QGIS. Nivel iniciación. Aberto prazo de matrícula. |
|
| O curso QGIS: Nivel iniciación ten como obxectivo proporcionar ao alumno unha base sólida para o traballo con Sistemas de Información Xeográfica utilizando o software libre QGIS, co propósito de abordar traballos de índole espacial, como o inventario de activos, análise paisaxística, xeración de cartografía, etc. Para iso, traballaremos con modelos de datos, procederemos á descarga de información xeográfica en liña, obteremos a cartografía e analizaremos os datos obtidos. O curso desenvólvese en modalidade integramente en liña, a través da plataforma de formación en liña do COAG [+ moodle.coag.es]. A metodoloxía e a duración do curso pretenden priorizar a flexibilidade para o alumno, que pode adaptar o curso á súa dispoñibilidade e necesidades. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Últimos días de recepción de propuestas de los Premios Arquitectura 2025 del CSCAE |
|
| Hasta el lunes 17 de marzo. Arrancan los Premios ARQUITECTURA 2025. El certamen llega a su cuarta edición con novedades que potenciarán el reconocimiento de los trabajos de planeamiento y otros planes urbanos. El objetivo que se persigue con ello es ampliarlas posibilidades de participación para seguir mostrando y compartiendo con el conjunto de la sociedad los valores de la Arquitectura, el Urbanismo y otras formas de ejercer la profesión en el bienestar de las personas y la sostenibilidad del planeta. Organizados por el Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE), y con el patrocinio oficial de COMPAC®, los Premios ARQUITECTURA comprenden seis distinciones basadas en valores universales, sociales y culturales y tres reconocimientos especiales. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Documento inicial das “Bases estratégicas para el desarrollo del Proyecto Coruña Marítima” |
|
| Facilítase aquí o enlace de consulta ao documento inicial das “BASES ESTRATÉGICAS PARA EL DESARROLLO DEL PROYECTO CORUÑA MARÍTIMA” , publicitado anteriormente como Concurso Internacional para la redacción del Máster Plan Coruña Marítima, informando de que se abriu o prazo dun mes, até o 7 de abril, para o envío de suxerencias a este documento; estas suxerencias serán canalizadas nun buzón que está aberto na páxina: Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Congreso Nacional Construir en Clave Sostenible 2025 |
|
| El Congreso Construir en Clave Sostenible se celebrará el 29 y 30 de mayo de 2025 en Madrid. Tiene carácter nacional y es de interés científico y técnico. Cuándo: 29 y 30 de mayo, 2025 Dónde: Fundación Giner de los Ríos, Madrid Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XII Congreso Internacional de Ordenación del Territorio (XII CIOT) “Cultura territorial. El futuro no se improvisa” |
|
| El XII Congreso Internacional de Ordenación del Territorio (XII CIOT), coorganizado por FUNDICOT y la Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de la Xunta de Galicia, se celebrará en la ciudad de Santiago de Compostela los próximos días 12, 13 y 14 de noviembre de 2025. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|