 |
|
|
|
|
O Concello da Cañiza e o Colexio de Arquitectos de Galicia renden homenaxe a Rita Fernández Queimadelos |
|
| A Cañiza e o Colexio de Arquitectos de Galicia renden homenaxe a Rita Fernández Queimadelos, unha arquitecta pioneira galega que dará nome a unha praza no concello. Natural do municipio pontevedrés, foi a terceira muller Arquitecta en España cuxa traxectoria axudou a mudar estereotipos de xénero na profesión. O decano do COAG, Luciano Alfaya, e o alcalde, Luis Piña, descubriron unha placa co lema "Praza Arquitecta Rita Fdez. Queimadelos", nun acto organizado hoxe para celebrar o 8M ao que asistiron familiares da arquitecta. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso CYPE MEP. Deseño e cálculo. Aberto prazo de matrícula. |
|
| O curso de Deseño e Cálculo de Instalacións do Edificio con CYPECAD MEP permite deseñar e dimensionar a envolvente, a distribución e as instalacións do edificio nun modelo 3D. O uso de software para o cálculo de instalacións e a interpretación dos seus resultados segundo o CTE é clave para un deseño axeitado e a súa adaptación á obra real. O curso desenvólvese en modalidade integramente en liña, a través da plataforma de formación en liña do COAG [+ moodle.coag.es]. A metodoloxía e a duración do curso pretenden priorizar a flexibilidade para o alumno, que pode adaptar o curso á súa dispoñibilidade e necesidades. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso QGIS. Nivel iniciación. Aberto prazo de matrícula |
|
| O curso QGIS: Nivel iniciación ten como obxectivo proporcionar ao alumno unha base sólida para o traballo con Sistemas de Información Xeográfica utilizando o software libre QGIS, co propósito de abordar traballos de índole espacial, como o inventario de activos, análise paisaxística, xeración de cartografía, etc. Para iso, traballaremos con modelos de datos, procederemos á descarga de información xeográfica en liña, obteremos a cartografía e analizaremos os datos obtidos. O curso desenvólvese en modalidade integramente en liña, a través da plataforma de formación en liña do COAG [+ moodle.coag.es]. A metodoloxía e a duración do curso pretenden priorizar a flexibilidade para o alumno, que pode adaptar o curso á súa dispoñibilidade e necesidades. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Resultados preinscripción cursos Cursos TIC 2025_ QGIS, Revit, ArchiCAD, CypeMEP |
|
| Vimos de pechar a preinscrición para os cursos de aplicacións BIM e GIS deste ano 2025, que está dispoñible desde hai unhas semanas. Queremos, en primeiro lugar, agradecer a vosa participación nesta iniciativa, xa que coñecer o voso interese e preferencias permítenos aliñar na maior medida posible a oferta formativa coas vosas necesidades e axustar os prezos de matrícula. Ademais dos cursos propostos nesta preinscrición, a oferta formativa correspondente á liña temática de TIC e metodoloxía para o ano 2025 complementarase con outras actividades e xornadas de diversas temáticas relacionadas (en particular, IA, eficiencia enerxética, deseño paramétrico, etc.). Enlace á noticia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso “BIM aplicado á contratación pública. Do papel á nube; do bosquexo á xestión” |
|
| Este curso, organizado polo CSCAE, ten un especial énfasis no uso da Intelixencia Artificial como ferramenta ao servizo do profesional e tamén o coñecemento dos xemelos dixitais, representacións virtuais dun edificio para o seu análise, estudo e monitorización. Ter o máximo coñecemento do seu uso permite aos arquitectos/as coñecer como se comportará o modelo e, con iso, aplicar solucións de forma moito máis eficiente. O curso despregase en modalidade completamente en liña, mediante un sistema de aprendizaxe totalmente autónomo. Como novidade, impartiranse 6 sesións formativas en streaming, que se celebrarán todos os venres de marzo e os dous primeiros venres de abril, ás 12:00 horas. Na plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es), incorpórase toda a documentación e os recursos dispoñibles proporcionados polo CSCAE. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada informativa Pasarela ao RETA |
|
| Ante a preocupación e incerteza motivada pola recente proposición de lei na que o Goberno expón unha pasarela entre as mutualidades e o RETA, a delegación do COAG de Santiago organiza unha charla informativa con Manuel Carazo, persoa da Xunta de Goberno que está dando seguimento á cuestión. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Trámite de información pública para realizar reclamacións ou suxestións sobre a Ordenanza Reguladora das Vivendas de Uso Turístico da Coruña |
|
| Pola relevancia que posúe para a cidade da Coruña, tanto en relación á vivenda para residentes como en relación ás actividades profesionais, especialmente para aquelas situadas en planta baixa ou primeira, informámoste de que, até o día 28 de marzo, está aberto o prazo do trámite de información pública para que as persoas e entidades poidan achegar as súas reclamacións ou suxestións á “Ordenanza reguladora das Vivendas de uso turístico” do Concello da Coruña. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Actividade de difusión da Arquitectura “Modernismo na provincia da Coruña” |
|
| PRIMAVERA de 2025 Visitas guiadas DE BALDE polo modernismo das tres cidades da provincia da Coruña, con dúas conferencias introdutorias no Museo de Pobo Galego de Compostela e na Fundación Seoane da Coruña. Impartido polo arquitecto Alberto Fuentes Valcárcel e o guía oficial de turismo Joaquín Fernández Travieso. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Listado expertos en peritaciones estructurales. DANA Valencia |
|
| Desde el Colegio Oficial de Arquitectos de la Comunidad Valenciana nos comunican que el Instituto Valenciano de la Edificación en uso de sus atribuciones como Coordinador Ejecutivo del grupo de "Evaluación Básica de Daños" de los que este COACV es integrante desde el 2 de noviembre de 2024, según se establece en el Plan Territorial de Emergencias de la Comunidad Valenciana, nos ha realizado un nuevo requerimiento para que le facilitemos arquitectos voluntarios desde donde realizar una selección para la próxima campaña de evaluación de daños que cumplan las siguientes características. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Abierta la convocatoria de los Premios Arquitectura 2025 del CSCAE |
|
| Arrancan los Premios ARQUITECTURA 2025. El certamen llega a su cuarta edición con novedades que potenciarán el reconocimiento de los trabajos de planeamiento y otros planes urbanos. El objetivo que se persigue con ello es ampliarlas posibilidades de participación para seguir mostrando y compartiendo con el conjunto de la sociedad los valores de la Arquitectura, el Urbanismo y otras formas de ejercer la profesión en el bienestar de las personas y la sostenibilidad del planeta. Organizados por el Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE), y con el patrocinio oficial de COMPAC®, los Premios ARQUITECTURA comprenden seis distinciones basadas en valores universales, sociales y culturales y tres reconocimientos especiales. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Estudo STGO Arquitectura con sede en FERROL, selecciona arquitecto/a asalariado para desenvolver proxectos completos de edificación. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Oferta de formación por Beca FEUGA |
|
| Estudo de arquitectura con sede en VIGO selecciona arquitecto/a para formación por beca. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Estudo de arquitectura AC8 ARQUITECTURA con sede en VIGO selecciona arquitecto/a colaborador autónomo para desenvolvemento de proxectos e direccións de obra. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso de especialización: Deseño e construción en madeira en Cesuga |
|
| Actividade formativa destinada a estudantes de arquitectura, enxeñería, deseño e formación profesional, así como a profesionais en activo do ámbito da arquitectura, da instalación en madeira e da industria forestal-madeira. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de febreiro de 2025 |
|
| No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de febreiro de 2025 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP’s provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas, e o planeamento urbanístico. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|