 |
|
|
|
|
Acto de celebración do 50 aniversario da creación do COAG |
|
| O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou o sábado 5 de outubro no Hostal dos Reis Católicos en Santiago o Acto de celebración do 50 aniversario da creación do COAG e a entrega da III edición do premio "Arquitectura para un mundo mellor" a Santiago Martínez Otero (Chago). Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concurso revista Obradoiro |
|
| Tal e como se indica na Circular 16 2024, a Xunta de Goberno na súa sesión 28/2024 de 3 de outubro, adoptou o acordo de aprobar as bases do Concurso para a adxudicación do contrato de dirección e redacción da revista Obradoiro do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, números 35, 36 e 37. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada Concursos e contratación pública |
|
| Dende hai uns meses o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia está a traballar, conxuntamente co Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España, sobre a contratación pública e o sistema de concursos. Nesta liña, este xoves día 10 de outubro, a partir das 4 da tarde, terá lugar unha xornada de traballo no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Últimos días para cubrir a Enquisa sobre preferencias formativas para 2025 |
|
| Este próximo venres 11 de outubro, ás 23:59h, pecharase o acceso á enquisa sobre preferencias formativas para o 2025. O obxectivo deste cuestionario é coñecer as vosas preferencias e principais demandas formativas, de cara a establecer a programación e contidos a desenvolver durante o ano 2025 en cursos de actualización profesional (aprox. menos de 50 horas) e en cursos de especialización. Ademais, inclúense algunhas cuestións de tipo organizativo que nos resultan de gran utilidade para aliñar as modalidades, formatos, horarios, adicacións, etc., coas vosas preferencias. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
#COAGconta: Caso de éxito do uso da madeira. Casa en San Vitoiro |
|
| O xoves 10 de outubro, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebra outra xornada sobre casos de éxito de arquitectura sostible coa Casa en San Vitoiro en Allariz, obra de Berta Peleteiro Varela e Juan Seara Oro. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
ALTURA DE MIRAS. Debate sobre os modelos de cidade |
|
| O venres 11 de outubro, ás 19:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a Xornada de debate ALTURA DE MIRAS, á que están convidados os seguintes arquitectos: Teresa Táboas Veleiro, Vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) e da Fundación Juana de Vega; Sonia Puente Landázuri, Coordinadora xeral de Urbanismo e Espazo público do concello de Getafe; Luciano González Alfaya, Decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e Jesús Conde García, Profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña (UDC). Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Semana da Arquitectura de Ferrol 2024 – ALFREDO ALCALÁ NAVARRO |
|
| A Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e o Concello de Ferrol organizan a Semana da Arquitectura de Ferrol 2024 adicada á figura de Alfredo Alcalá Navarro, co fin de rendirlle unha sentida homenaxe na que compañeiros, familia, amigos e cidadáns podamos compartir, coñecer e valorar o gran legado que nos deixou. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornada de apoio á actividade profesional + visita arquitectónica ao Pazo de Arenaza en Oleiros |
|
| A Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e o coworking do Pazo de Arenaza, integrante da Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, na súa misión conxunta de apoiar a actividade profesional dos colexiados/as, organizan unha Xornada dirixida a arquitectos/as –á que poderán sumarse tamén estudantes e profesionais da arquitectura–, na que se visitará a interesante rehabilitación do Pazo de Arenaza para destinalo a coworking especializado en arquitectura, ademais de abordar as necesidades relacionadas coa dispoñibilidade de espazos de traballo para a nosa profesión e de explicar o apoio que ofrece a Deputación da Coruña. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Charla Mapei “Impermeabilización de cubiertas y estructuras enterradas – barreras frente al gas radón” |
|
| Esta jornada tiene como objetivo presentar los sistemas de los que dispone Mapei para la Impermeabilización de los diferentes tipos de Estructuras Enterradas en función de las características del terreno, así como de Cubiertas Planas. Enlace a la noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Últimos días _ Curso “Produtividade para arquitectos. Claves para ser mais eficientes no día a día do arquitecto” |
|
| Este curso/taller, principalmente destinado a profesionais vencellados co mundo da arquitectura, construción e sustentabilidade, ten como obxectivo presentar as claves para mellorar a nosa produtividade e rendemento laboral, centrándose nun emprego eficiente do tempo. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Gravación da conferencia Chago: “O ferreiro de Compostela” |
|
| Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da conferencia, celebrada o venres 4 de outubro, organizada pola Delegación de Santiago con motivo do outorgamento do III Premio de “Arquitectura para Un Mundo Mellor 2024” do COAG a Chago. O mestre artesán ofrécenos un percorrido polo seu traballo e metodoloxía, e amosanos algúns exemplos do seu traballo no ámbito da Compostela Patrimonial. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Faladoiros CMD sobre madeira… con Abalo Alonso Arquitectos |
|
| O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza, coa axuda do Instituto Galego de Promoción Económica, un novo Faladoiro sobre madeira, co gallo de compartir experiencias sobre os retos aos que se enfronta a profesión ante o crecente interese pola construción en madeira. Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga 15704 Santiago de Compostela Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org Tel.: 981 552 400 |
|