Axenda
Boletín de Información 7 - 2024

Colexio | Emprego | Eventos


Colexio

Último día para a matriculación para colexiados COAG e outros profesionais no Curso Superior de Técnico de Urbanismo COAG-EGAP 2024-2025

Publicación: 6 de febreiro  
Recordamosvos que hoxe 14 de febreiro, ás 23,59 h. remata o prazo de inscripción para a modalidade de colexiados COAG e matrícula ordinaria.
No seguinte enlace podedes consultar toda a información correspondente aos contidos do curso, ao procedemento de matrícula, prazos de inscrición e pago, e documentación acreditativa necesaria en función do tipo de solicitante, así como acceder á publicación no DOG.
Enlace á noticia.

Últimos días da Convocatoria para a selección de participantes na “Mostra Nova Arquitectura Galega”

Publicación: 14 de febreiro  
O vindeiro día 22 de febreiro remata o prazo de solicitudes de participación. Poden participar todos/as os/as arquitectos/as menores de 40 anos e vencellados/as a Galicia que sexan autores/as de proxectos, accións, ou intervencións.
Enlace á noticia.

Conferencia Manuel Bugallo Otero – “As paisaxes invisibles: diálogos no territorio”

Publicación: 12 de febreiro  
O mércores 21 de febreiro, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia “As paisaxes invisibles: diálogos no territorio”. Impartida polo noso compañeiro arquitecto Manuel Bugallo Otero, integrante do equipo multidisciplinar BUO ESTUDIO Arquitectura & Paisaxe, con sedes en Vigo e Cidade de México.
Enlace á noticia.

#COAGconta: Estudo Xeotécnico

Publicación: 13 de febreiro  
Xa están dispoñibles a gravación e a documentación do #COAGconta sobre o Estudo Xeotécnico.
Enlace á noticia.

Dispoñibles as gravacións das xornadas “O territorio en Galicia. Presente e futuro”

Publicación: 12 de febreiro  
Están dispoñibles en CanalCOAG as gravacións das catro xornadas organizadas pola Delegación de Lugo baixo o título “O territorio en Galicia. Presente e futuro”, que tiveron lugar os pasados días 30 e 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro, así como o debate electoral celebrado o 7 de febreiro.
Enlace á noticia.

Guía sobre desgravacións fiscais para rehabilitación de vivendas e edificios residenciais. CSCAE

Publicación: 12 de febreiro  
Actualización 2024 | A presente actualización publícase para incorporar as modificacións recollidas na Real Decreto-lei 8/2023, do 27 de decembro, que amplía un ano máis todos os prazos relativos ás deducións fiscais.
Enlace á noticia.

Jornada de formación: Arquitectos mediadores. Plan estratégico 2024

Publicación: 9 de febrero jueves 15 de febrero a las 17,00 h.
Desde UAPFE/CSCAE os saludamos a todos y todas, especialmente a profesionales formados en mediación. Para unos, será interesante conocer nuevas oportunidades profesionales, para otros, será un momento de compartir experiencias, dudas y programarnos juntos para avanzar sobre los logros existentes.
Enlace a la noticia.

Presentación da Guía Veciñal de Rehabilitación

Publicación: 1 de febreiro  
O vindeiro sábado 24 de febreiro, na Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), a Presidenta do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE), Marta Vall-Llossera Ferrán, o Decano do COAG, Luciano González Alfaya e o Presidente da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (CEAV), Julio Molina Barthe, presentarán a Guía veciñal para a rehabilitación e o vídeo Rehabilitar, paso a paso.
Enlace á noticia.

Emprego

Concello da Coruña - Unha praza de arquitecto/a

Publicación: 14 de febreiro  
No DOG de 12 de febreiro aparece o anuncio da convocatoria de varios procesos selectivos dentro do proceso extraordinario de estabilización do emprego público do Concello da Coruña, onde figura, entre outras, unha praza de arquitecto/a.
Enlace á noticia.

Ofertas de emprego

Emprego  

Eventos

34ª reunión GuBIM Galicia

Publicación: 14 de febrero  
Convocamos a todos los colegas BIM de Galicia a la 34ª Reunión del GuBIM Galicia que tendrá lugar el sábado 17 de febrero de 2024 a partir de las 10:00, a la que te animamos a participar y a compartir tus experiencias con los demás compañeros BIM.
Enlace a la noticia.

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube
Ivoox

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400