Axenda
Boletín de Información 49 - 2023

Colexio | Emprego | Normativa


Colexio

I Xornada sobre a Crise da Vivenda _ Diagnose da situación

Publicación: 4 de decembro  
A problemática da vivenda en Galicia está cada día mais presente na sociedade. Os medios de comunicación empezaron a facer visible unha realidade cada dia máis complexa para unha gran parte da poboación. A falta de oferta de vivenda, en especial pública, e de mobilización da xa existente, levou a un incremento constante dos prezos de venda e, sobre todo, de alugueiro. A iso uniuse a presión turística nos centros de moitas cidades e pobos, ademais de cambios nos hábitos de traballo, cun incremento constante do teletraballo.
Enlace á noticia.

Prazo de achegas ao borrador do Regulamento da Agrupación de Arquitectos Urbanistas

Publicación: 4 de decembro  
Conforme ao previsto na circular 22/2023, a Comisión Xestora da “Agrupación de Arquitectos Urbanistas” elaborou unha proposta do Regulamento de dita Agrupación, coa denominación de “Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas”, que será sometido á Xunta de Goberno para a súa aprobación provisional e posteriormente elevado á Xunta Xeral para a aprobación definitiva. Neste sentido, ábrese un prazo de achegas para que os/as colexiados/as interesados/as fagan as suxestións que consideren oportunas ao respecto do texto do Regulamento.
Enlace á noticia.

Atención colexial o xoves 7 de decembro

Publicación: 1 de decembro  
Infórmase que o vindeiro xoves 7 de decembro, con motivos da ponte pola festividades do Día da Constitución e da Inmaculada Concepción, a atención colexial será exclusivamente telefónica e telematicamente. Lamentamos as molestias que estas circunstancias poidan causar.
Enlace á noticia.

Subvencións ano 2024 para proxectos de mellora enerxética dirixido a autónomos e Pemes do sector servizos (Programa Bono Enerxía Peme)

Publicación: 5 de decembro  
A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 14 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (Código IN417Z). (DOG do 29 de novembro de 2023).
Enlace á noticia.

Xornada de casos de éxito: Edificio para sede de Norvento

Publicación: 30 de novembro  
O xoves 14 de decembro, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebra outra xornada sobre casos de éxito de arquitectura sostible con este edificio para sede de Norvento de Patxi Mangado Beloqui en Lugo.
Enlace á noticia.

Convocatoria do programa de axuda ó despregamento de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos en edificios

Publicación: 1 de decembro  
Ampliouse o prazo para solicitar as axudas ata o 31 de xullo de 2024.
Enlace á noticia.

Asesoramento técnico en madeira

Publicación: 4 de decembro  
Dende o portal Lignum Facile responde, o Clúster da madeira de Galicia pon ao dispor de técnicos e profesionais do sector unha liña de asesoramento dende a que responderán a todas as vosas consultas relacionadas coa madeira e os seus diferentes usos.
Enlace á noticia.

Informe sobre as axudas á vivenda

Publicación: 4 de decembro  
Actualizado 04 | 12 | 23 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais.
Enlace á noticia.

Convocatoria da Xunta Xeral ordinaria do mes de decembro de 2023

Publicación: 8 de novembro  
Tal e como se anuncia na Circular 24 2023, convócase a Xunta Xeral ordinaria do mes de decembro do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, que terá lugar o 19 de decembro nas oficinas centrais de Santiago de Compostela.
Enlace á noticia.

Emprego

Oferta de emprego

Publicación: 4 de decembro  
UVE VALORACIONES S.A. selecciona dous postos de arquitecto/a autónomo como taxador externo para a zona de Ourense.
Enlace á noticia.

Normativa

Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de novembro de 2023

Publicación: 4 de decembro.  
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de novembro de 2023. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia.

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube
Ivoox

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400