Colexio | Emprego | Concursos
Colexio
Oferta de becas para o Máster en Deseño & Construción en Madeira de CESUGA
Publicación: 11 de outubro |
|
 |
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia pon a disposición dos seus colexiados 10 becas para cursar o Máster en Deseño & Construción en Madeira, ofertado por CESUGA en 2023/2024. As axudas nacen do convenio de colaboración firmado polas dúas entidades en setembro de 2022.
Enlace á noticia. |
Encuesta “La valoración de activos inmobiliarios”
Publicación: 10 de octubre |
|
 |
La Unión de Arquitectos Peritos y Forenses de España (UAPFE) del CSCAE ha promovido una encuesta dirigida a los arquitectos tasadores.
Enlace a la noticia. |
Fallados os Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2023
Publicación:7 de outubro |
|
 |
Fallada a cuarta edición dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia. Estes premios supoñen o recoñecemento á calidade das edificacións rematadas nos anos 2020, 2021 e 2022, tanto de obra nova como de rehabilitación.
Enlace á noticia. |
Ampliado o prazo das Axudas da Agrupación de Arquitectos Peritos e Forenses do COAG para a asistencia ás XIV Xornadas CGPJ-CSCAE/UAPFE – “El perito arquitecto dentro del proceso judicial”
Publicación: 3 de outubro |
|
 |
Infórmase que a Xunta Directiva da Agrupación de Arquitectos Peritos e Forenses do COAG acordou a dotación de axudas económicas para os integrantes da Agrupación que dexesen inscribirse nas XIV Xornadas CGPJ-CSCAE/UAPFE, que terán lugar en Avilés os días 9, 10 e 11 de novembro de 2023. Ampliado o prazo de inscrición bonificada ate o día 15 de outubro de 2023.
Enlace á noticia. |
Emprego
Concello de Allariz – unha praza de arquitecto/a
Publicación: 9 de outubro |
|
 |
No DOG de 9 de outubro aparece o anuncio do Concello de Allariz de convocatoria para proveer varias prazas, entre as que figura unha praza de arquitecto/a, tempo parcial 50 %, do cadro de persoal laboral fixo do Concello, para cubrir polo sistema de concurso de méritos en quenda libre (proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal).
Enlace á noticia. |
Proposta do Concello de Caldas de convenio de colaboración interadministrativa entre concellos para a prestación de servizos en materia de persoal
Publicación: 4 de outubro |
|
 |
A relación de postos de traballo do Concello de Caldas de Reis contempla unha praza de arquitecto/a, que a día de hoxe se atopa vacante. En tanto non se procede á súa provisión, a intención dese Concello é que as función propias do posto poidan ser desempeñadas a través da figura prevista no artigo 209 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, que permite “a realización polo persoal funcionario propio das entidades locais de funcións e tarefas no ámbito territorial doutras entidades locais”.
Conforme á solicitude do devandito Concello, informáse desta circunstancia para coñecemento dos funcionarios municipais doutros Concellos, interesados en promover a celebración de dito convenio de colaboración administrativa..
Enlace á noticia. |
Ofertas de emprego
Concursos
Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a rehabilitación arquitectónica facilitando novos usos na finca de Lourizán
Publicación: 11 de outubro |
|
 |
O obxecto deste concurso é seleccionar a mellor idea, a xuízo do Xurado, e desenvolvida a nivel de anteproxecto, que sirva de base ao correspondente proxecto técnico, básico e de execución, incluído o estudio de seguridade e saúde, o estudo de xestión de residuos, a certificación enerxética e o proxecto de telecomunicacións das obras de rehabilitación arquitectónica das edificacións identificadas para o cambio de uso da finca de Lourizán e da integración paisaxística de certos espazos exteriores da finca de Lourizán, que serán recollidos no ANEXO I bis denominado: Documento base para el concurso.
Enlace á noticia. |
|
|