Colexio | Eventos | Normativa
Colexio
“Mentoring para arquitectxs 2023” – Delegación de Santiago de Compostela
| Publicación: 20 de setembro |
|
 |
A Delegación de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia anuncia a apertura da primeira convocatoria do Programa “Mentoring para arquitectxs 2023” no ámbito da nosa Delegación.
Enlace á noticia. |
“Xornada Novxs Arquitectxs” Santiago de Compostela
| Publicación: 20 de setembro |
27 de setembro |
 |
Con motivo da celebración dos cincuenta anos do COAG, a delegación de Santiago organiza a primeira xornada de “novxs arquitectxs”. Nela mostrarase o traballo de tres estudos novos adscritos á nosa delegación.
Enlace á noticia. |
Campaña SAÚDE E ARQUITECTURA
| Publicación: 19 de setembro |
|
 |
O CSCAE e o COAG lanzan unha nova campaña, da que xa vos fomos mostrando algúns vídeos, para poñer en valor o traballo do arquitecto desde todos os puntos de vista.
Enlace á noticia. |
Cambio de ubicación da Conferencia “Mobilidade descarbonizada en Santiago. Plans de Mobilidade e Acción de Goberno” Pau Noy
| Publicación: 18 de setembro |
20 de setembro |
 |
A Conferencia terá lugar na sala de coferencias da Sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19).
Para conmemorar a Semana Europea da Mobilidade (SEM) 2023, que se celebrará do 16 a 22 de setembro, a Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza esta conferencia sobre a “descarbonización da mobilidade en Santiago” que será impartida polo enxeneiro Pau Noy..
Enlace á noticia. |
Publicada a modificación das Normas de Habitabilidade en Vivendas de Galicia (NHV). Xornada de asesoramento 26 de setembro
| Publicación: 15 de setembro |
|
 |
Publicado no DOG de hoxe 15 de setembro o Decreto 128/2023, do 7 de setembro, polo que se modifica o Decreto 29/2010, do 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia.
Esta modificación, que entrará en vigor o próximo 15 de outubro, non será de aplicación obrigada aos proxectos visados de acordo coa normativa anterior nin a aqueles cos que se solicite licenza nun prazo máximo de tres meses desde a súa entrada en vigor.
O próximo martes día 26 de setembro, de 16:30 a 19:30, o COAG organizará unha xornada de asesoramento na que analizaremos en detalle as principais novidades incorporadas nesta modificación. Para o seguemento en directo desta xornada.
Enlace á noticia. |
Conferencia de Francesco Careri “Andar, deterse, hospedar/se”
| Publicación: 15 de setembro |
22 de setembro |
 |
O venres 22 de setembro, ás 19:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia Andar, deterse, hospedar/se que será impartida polo arquitecto e investigador italiano Francesco Careri, profesor de Urbanismo no Dipartimento di Architettura de la Università degli Studi Roma Tre e autor do coñecido libro Walkscapes, Gustavo Gili, 2002.
Enlace á noticia. |
Xornada de casos de éxito: Casa Palomar
| Publicación: 14 de setembro |
3 de outubro |
 |
O martes 3 de outubro, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebra outra xornada sobre casos de éxito de arquitectura sostible con esta vivenda entre medianeiras de Goretti Díaz Cristóbal no Carballiño.
Enlace á noticia. |
Dispoñible en Libros COAG a publicación “La Arquitectura de Galicia: Dos mil años de Historia”, de José Ramón Alonso Pereira
| Publicación: 14 de setembro |
|
 |
Hogar mítico de Breogán, Galicia es un territorio arquitectónico con entidad propia y reconocida. La Arquitectura de Galicia se propone analizar sus Dos mil años de Historia con una visión general que explique las obras y los problemas que la sociedad y los arquitectos se han planteado a lo largo del tiempo.
Enlace á noticia. |
Apertura da plataforma de presentación de candidaturas aos Premios Gran de Area 2023
| Publicación: 30 de agosto |
|
 |
Infórmase da apertura da plataforma online de xestión de premios da web colexial, para a presentación das candidaturas aos premios «Gran de Area 2023», que estará dispoñible ate as 14:00 horas do 28 de setembro de 2023.
Enlace á noticia. |
Eventos
Xornada técnica online _ cubertas verdes
| Publicación: 11 de setembro |
Xoves 28 de setembro |
 |
Sesión online para explicar aspectos básicos dos sistemas de cubertas verdes ZinCo.
– Tipoloxía de cubertas verdes – Criterios e aspectos de deseño das cubertas verdes – Sistemas de cubertas verdes ZinCo según tipoloxía e xestión da agua – Sistemas de cubertas verdes biosolares – Sistemas de seguridade e protección contra caídas para cubertas verdes.
Enlace á noticia. |
Normativa
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de setembro de 2023
| Publicación: 18 de setembro |
|
 |
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de setembro de 2023. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia. |
|
|