Axenda
Boletín de Información 40 - 2022

Colexio| Emprego | Eventos


Colexio

Convocados os XX Premios COAG de Arquitectura

Publicación: 19 de outubro  
Tal e como se anunciou na Circular 23 2022, Convócase a vixésima edición dos Premios COAG de Arquitectura (2020-2022), a conceder a obras de arquitectura nas categorías que se indican, realizadas no ámbito territorial do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Enlace á noticia.
 

Primera jornada del ciclo “La Casa Invisible 2022”

Publicación: 11 de octubre  
Hoy miércoles, 19 de octubre, se inaugura el nuevo ciclo de conferencias “La Casa Invisible” que se organiza desde la delegación de Santiago del Colegio de Arquitectos. Al igual que en la edición anterior, este ciclo se celebra en colaboración con el “Cluster Saúde de Galicia” y, en esta edición, colaboran el “Clúster de la Madera y el Diseño de Galicia” y la “Escuela de Arquitectura de A Coruña”.
Enlace a la noticia
 

Club de Lectura Hai Mulleres – Inés Sánchez de Madariaga «Matilde Ucelay. La primera arquitecta española»

Publicación: 11 de outubro  
Hoxe mércores 19 de outubro, ás 20,20 horas, terá lugar unha nova sesión do ciclo do Club de Lectura Hai Mulleres, na que falaremos coa arquitecta Inés Sánchez de Madariaga sobre a súa obra “Matilde Ucelay. La primera arquitecta española”. Esta sesión será emitida en streaming pola plataforma Zoom.
Enlace á noticia
 

I Concurso de debuxo infantil “A SUPERCASA”

Publicación: 10 de outubro  
A delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convoca o I Concurso de Debuxo Infantil coa finalidade de dar a coñecer, entre os e as máis novas, a importancia que ten a Arquitectura na calidade de vida e benestar da sociedade. O concurso está dirixido a nenos e nenas en idades entre 5 e 12 anos inscritos na educación primaria.
Enlace á noticia
 

Resultado da oferta de becas para o Máster en Deseño & Construción en Madeira de CESUGA

Publicación: 14 de outubro  
En relación coa convocatoria realizada na circular 22/2022 pola cal se ponían a disposición dos colexiados, de 35 anos ou menos, 10 becas para cursar o novo Máster en Deseño & Construción en Madeira, ofertado por CESUGA en 2022/2023, unha vez rematado o prazo de inscrición, infórmase do resultado do proceso.
Enlace á noticia.
 

Gravación da xornada de asesoramento sobre o programa de axuda á mellora da accesibilidade en vivendas

Publicación: 18 de outubro  
Está dispoñible na Canle COAG a gravación da xornada de asesoramento sobre o programa de axuda á mellora da accesibilidade en vivendas, que, dentro do ciclo de axudas á rehabilitación, tivo lugar o pasado venres 14 de outubro.
Enlace á noticia
 

Gravación da xornada de asesoramento sobre o Programa de axuda ás actuaciones de rehabilitación a nivel de barrio

Publicación: 17 de outubro  
Está dispoñible na Canle COAG a gravación da xornada de asesoramento sobre o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio, que, dentro do ciclo de axudas á rehabilitación, tivo lugar o pasado xoves 6 de outubro.
Enlace á noticia
 

Axudas XERA construción en madeira

Publicación: 13 de outubro  
Publicada no DOG de 13 de outubro a Resolución da Axencia Galega da Industria Forestal pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G).
Enlace á noticia
 

Emprego

Concello de Porto do Son – Convocatoria de praza de arquitecto/a funcionario/a interino/a e formación de bolsa de traballo

Publicación: 19 de outubro  
No BOP A Coruña de 99 de outubro, aparece o anuncio de Aprobación das bases reguladoras e convocatoria do proceso selectivo: selección de un (1) funcionario/a interino/a do posto de Arquitecto/a, e a formación dunha bolsa de traballo para a provisión temporal de prazas da mesma natureza no Concello de Porto do Son.
Enlace á noticia.
 

Convocatoria oposición de acceso al cuerpo de arquitectos de Hacienda

Publicación: 17 de octubre  
En los próximos meses está prevista la publicación de la convocatoria de acceso al Cuerpo de Arquitectos de Hacienda con 99 plazas de acceso libre, además de otras 6 plazas reservadas a personas con discapacidad (52 plazas de la Oferta de Empleo Público de 2021 y otras 53 plazas de la 2022).
Enlace a la noticia
 

Eventos

Seminario de Eficiencia Energética en la Industria

Publicación: 13 de octubre  
El Cluster de enerxías renovables de Galicia (Cluergal) organiza, junto con la Xunta de Galicia esta jornada, que tendrá lugar en la sede de Afundación de Santiago el próximo viernes 21 de octubre.
Enlace a la noticia
 

1ª Edición Curso en línea Tecnologías Apropiadas

Publicación: 7 de octubre  
Arquitectura Sin Fronteras ha abierto el plazo de inscripción para el curso online Tecnologías Apropiadas. Con él se propone profundizar en su definición y aplicación en el momento actual, en el que las Tecnologías Apropiadas se presentan como una alternativa al modelo de desarrollo dominante en este contexto de crisis civilizatoria en países del Norte y el Sur Global.
Enlace a la noticia
 

Xornada profesional de construcción _ Infoconstrucción – DPArquitectura

Publicación: 11 de outubro Xoves, 20 de Outubro _ Hotel ATICA 21 – A Coruña.
Os encontros de información profesional sobre produtos e sistemas para a construción e rehabilitación volven a Coruña. Concretamente a cita terá lugar no Hotel Attica 21 Coruña (Enrique Mariñas, 34) o día 20 de outubro. Xa se pode reservar praza gratuitamente.
Enlace á noticia
 

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400