|
|
Boletín de información [nº 10 - 2017]
Colexio
Apertura período de consultas sobre o “Plan Básico Autonómico” da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: creación de grupo de traballo colexial e achega de suxestións
| Publicación: 9 de agosto de 2017 |
|
 |
Infórmase da publicación na web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, do documento inicial estratéxico e o borrador do “Plan básico autonómico”, indicando que se poderán presentar suxestións ao mesmo ata o 18/09/2017. Con este motivo, o COAG constituirá un Grupo de Traballo para elaborar un documento de suxestións, abrindo a posibilidade aos colexiados e participar nese Grupo ou remitirlle as súas observacións sobre o documento referido. Enlace á noticia. |
Escrito remitido ao Concello de Silleda en relación co anuncio da convocatoria do concurso para o deseño do novo consistorio
| Publicación: 8 de agosto de 2017 |
|
 |
O Colexio presentou un escrito no Concello de Silleda en relación coas manifestacións en prensa do Sr. Alcalde relativas ao acordo de convocar un concurso de ideas restrinxido para o deseño do novo edificio da casa consistorial. Enlace á noticia. |
Recurso de reposición contra a convocatoria polo Concello de Mugardos das “bases para a elaboración dunha lista para a posible contratación laboral temporal, mediante oposión libre dun Arquitecto/a
| Publicación: 8 de agosto de 2017 |
|
 |
O Colexio presentou un recurso de reposición en impugnación da Resolución da Alcaldía, pola que se aproba a convocatoria e “bases para a elaboración dunha lista para a posible contratación laboral temporal, mediante oposión libre dun Arquitecto/a” Enlace á noticia. |
Semana Grande 2017 na Delegación de Pontevedra (14 ao 18 de agosto)
| Publicación: 7 de agosto 2017 |
|
 |
Infórmase que, con motivo da semana grande das festas en Pontevedra, o horario de atención na delegación colexial en Pontevedra do 14 ao 18 de agosto (ambos inclusive), tanto presencial como telefonicamente, será de 10:00 a 13:00 horas.
Enlace á noticia. |
Festivo local en Vigo e Santiago de Compostela o mércores 16 de agosto
| Publicación: 7 de agosto de 2017 |
|
 |
O mércores 16 de agosto, con motivo da festividade de San Roque, festivo local en Vigo e Santiago, permanecerán pechadas a Sede colexial así como as delegación de Vigo e Santiago.
Enlace á noticia.
|
Peche da Delegación de Ferrol do 7 ao 25 de agosto, ambos inclusive
| Publicación: 31 de xullo de 2017 |
|
 |
Por mor das vacacións do persoal, comunícase que as oficinas da Delegación en Ferrol do COAG permanecerán pechadas do 7 ao 25 de agosto, ambos inclusive.
|
Atención colexial durante o mes de agosto: recomendación de contacto a través da plataforma de consultas
| Publicación: 26 de xullo de 2017 |
|
 |
Infórmase que, durante o mes de agosto, debido á redución de efectivos por mor do desfrute das súas vacacións polo persoal, a capacidade de atención telefónica e presencial do Colexio verase reducida, polo que se recomenda realizar calquera consulta ou solicitude a través da plataforma de consultas colexial... Enlace á noticia. |
Emprego
Concello de Oia: licitación de servicio de redacción da adaptación do borrador do PXOM de Oia á nova Lei 2/2016
| Publicación: 9 de agosto de 2017 |
|
 |
O BOP de A Coruña de 7 de agosto, inclúe o anuncio do acordo do Concello de Oia de 22 de xuño de 2017 de convocatoria do procedemento licitatorio para o servizo de redacción da adaptación do borrador de plan xeral de ordenación municipal de Oia á lei 2/2016, por procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, e tramitación ordinaria.
Enlace á noticia.
|
Concello de Ortigueira: bases reguladoras da convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto en chamamento interino e creación de bolsa de emprego
| Publicación: 9 de agosto de 2017 |
|
 |
O BOP da provincia de A Coruña de data 8 de agosto de 2017, publica o acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Ortigueira, na súa sesión do día 26 de abril de 2017, aprobaronse as bases reguladoras da convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto en chamamento interino e creación de bolsa de emprego.
Enlace á noticia.
|
Concello de Ponteareas: convocatoria para a provisión como funcionario interino para o nomeamento de técnico coordinador/a do programa de desenvolvemento urbano sustentable e integrado “Ponteareas Hábitat Saudable”
| Publicación: 7 de agosto de 2017 |
|
 |
O pasado 3 de agosto, o Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (nº 148), publicou a Resolución da Alcaldía do Concello de Ponteareas aprobando as Bases reguladoras, para a contratación como funcionario interino dun posto de Coordinador do Programa de Desenvolvemento urbano sustentable e integrado “Ponteareas hábitat saudable”.
Enlace á noticia.
|
Oferta de emprego
| Publicación: 04 de agosto de 2017 |
|
 |
Alia Tasaciones, S.A, empresa que realiza tasacions de inmobles a nivel nacional, selecciona a un arquitecto na provincia de Lugo, para traballar en condicións de colaborador-autónomo, realizando tasacions.
Enlace á noticia. |
Universidade de Vigo. Licitación proxecto de rehabilitación do edificio Faraday (ETEA)
| Publicación: 5 de xullo de 2017 |
O prazo de presentación remata o 14 de agosto de 2017* |
 |
No DOG do 5 de xullo inclúese anuncio da Universidade de Vigo, en relación a contratación do proxecto de dirección de obra da rehabilitación do edificio Faraday na ETEA en Vigo.
Enlace á noticia.
*Corrección de erros: Por error, nos dous boletíns de información anteriores, se indicou como data de entrega o 21 de agosto, cando en todo momento a data correcta é o 14 de agosto, tal como se indicou en todo momento na noticia na web, asíi como na publicación do DOG que figura na mesma. |
Imasgal. Revit intensivo verano
| Online, 45 h. clases webinar. |
Del 14 de agosto al 14 de septiembre |
 |
Este curso permite al alumno adquirir los conocimientos necesarios para abordar la arquitectura de un proyecto de edificación en un entorno BIM con el software Autodesk Revit.
Enlace á noticia. |
Ofertas
Oferta de software PREOC 2017 + PREMETI 2017
| Publicación: 26 de xuño de 2017 |
Ata o 30 de outubro de 2017 |
 |
A empresa Atayo ofrece aos colexiados, cun 38 % de desconto, a base de prezos de construcción PREOC 2017 e o programa de medicións e presupostos PREMETI 2017 a un prezo de 220 € mais IVA.
Oferta especial ata o 30 de outubro de 2017.
Enlace á noticia. |
Premios
Premio UICM a profesionais colexiados para galardoar o mellor artigo, ensaio ou libro sobre colexios profesionais e o exercicio das profesións
| Publicación: 12 de xullo de 2017 |
O prazo de presentación remata o 2 de outubro de 2017 |
 |
A Unión Interprofesional de la Comunidad de Madrid, acordou instaurar este Premio para galardoar o mellor artigo, ensaio ou libro sobre colexios profesionais e o exercicio das profesións, publicado en 2016. Poderán optar ao Premio os profesionais colexiados de calquera Colexio Profesional de España.
Enlace á noticia. |
Convocado o Premio de Arquitectura Española Internacional 2017
| Publicación: 6 de xullo de 2017 |
Presentación de traballos ata o 15 de setembro |
 |
A terceira edición dos Premios de Arquitectura Española Internacional está promovida polo Foro da Arquitectura Española do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España -Foro CSCAE- , baixo a presidencia de honra do Ministro de Fomento do Goberno de España.
Enlace á noticia. |
Convocado el Premio de Urbanismo Español 2017
| Publicación: 5 de xullo de 2017 |
Presentación de traballos ata o 15 de setembro |
 |
O CSCAE convocou o Premio de Urbanismo Español 2017, que ten por obxecto recoñecer a calidade daqueles traballos, realizados por equipos profesionais dirixidos por arquitectos españois, de plan ou de urbanización de espazos públicos realizados en España.
Enlace á noticia. |
|
|
|
|
|
|