Ampliación de prazo para solicitar a asistencia presencial á Xunta Xeral ordinaria de 17 de decembro

14 Dic 2020

Infórmase que ate o propio día 17 de decembro, ás 12,00 horas, estará aberto o prazo de solicitude para asistencia presencial á Xunta Xeral ordinaria do mes de decembro.

Tal e como se indica no Panel de Servizos da web colexial, conforme ao acordo da Xunta de Goberno, os/as interesados/as en asistir presencialmente, deberán solicitar á maior brevidade posible e, en todo caso, antes das 12:00 horas do día 17 de decembro, a súa asistencia cubrindo o formulario dispoñible no seguinte enlaceComunicación de asistencia á Xunta Xeral.

Prégase aos solicitantes de asistencia presencial que, se unha vez confirmada a asistencia, finalmente non poidan asistir presencialmente á Xunta Xeral, o comuniquen a través da plataforma de consultas, para que a súa praza se poida asignar a outro asistente.

En caso de que, rematado o prazo previo de inscrición como asistente presencial, a sala non permita cumprir os requisitos de aforo previstos pola Xunta de Galicia, deberase xestionar un espazo alternativo para a celebración da reunión.

Compartir