Xornada: Os fondos europeos para rehabilitación e eficiencia enerxética

17 Mar 2021

O Observatorio da Vivenda de Galicia, organiza o día 26 de marzo esta Xornada informativa en liña, co obxectivo de trasladar a información dispoñible sobre os fondos que chegarán da Unión Europea con destino a actuacións de rehabilitación e eficiencia enerxética.

Ligazón do streaming: pendente (enviarase por correo electrónico).

Data: 26 de marzo de 2021
Hora: 10:00 h

Destinatarios da xornada:  Empresas, profesionais e entidades interesadas no sector da Vivenda.

Ligazón de inscrición: http://bit.ly/inscricionovg

Programa

  • 10:00 h Benvida. Ángeles Vázquez Mejuto- Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
  • 10:10 h Os fondos europeos para rehabilitación e eficiencia enerxética. Heriberto García Porto – Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
  • 10:30 h Debate e rolda de preguntas cos representantes das asociacións invitadas e o público asistente á xornada

O enlace da charla en liña será enviado por correo e publicado na web

Máis información:

www.observatoriodavivenda.gal
observatoriodavivenda@xunta.gal
Teléfono: 881 247 434

Compartir