IGAPE Responde. Novo ciclo de encontros dixitais

5 Feb 2021

Como parte dos servizos que ofrece o programa Igape Responde, a Xunta, a través do Igape, continúa a súa programación de encontros dixitais destinados a ofrecer respostas ás empresas galegas sobre as diferentes medidas que poden implementar para impulsar a reactivación da súa actividade no contexto económico provocado pola covid-19.

Dentro deste ciclo de webinarios, o vindeiro luns 8 ás 12.30h terá lugar o encontro dixital A política de crédito e os préstamos. Vantaxes e desvantaxes de cada unha.

O Igape Responde ten como obxectivo dirixida a achegar soporte en diferentes ámbitos (financiamento, negocio, operacións, persoas) e en xeral. Grazas a esta liña, autónomos e empresas poden acceder a 14 tipos de medidas que se implementan de xeito rápido durante dúas semanas, cun seguimento posterior dun mes e unha intensidade de 25 horas de consultoría personalizada. Entre outros resultados, estas medidas poden xerar un clima de maior confianza, atopar novas fontes de ingresos no negocio, captar e fidelizar clientes, manter os servizos en remoto ou mellorar a motivación, a cohesión e o compromiso dos equipos.

Programa e inscrición no encontro dixital

Información sobre todos os encontros programados

Máis información sobre o Igape Responde

Compartir