A calidade do espazo público é un importante factor de desenvolvemento local. O curso aportará os bimbios necesarios para abordar as transformacións, expostas desde unha óptica multidisciplinar, atenta aos criterios de sustentabilidade e de relación entre o territorio e as persoas que o habitan.
Ágora é unha rede de acción institucional a prol de considerar e valorizar o espazo público como un dereito fundamental da cidadanía.
Un dos seus fundamentos é que o espazo público forma parte substancial da vida das persoas como escenario natural da vida colectiva.
Os concellos que formen parte desta rede comprométense a realizar políticas de recuperación dos seus espazos públicos e a fomentar as mobilidades alternativas nos seus termos municipais. O obxectivo é que de aquí a xuño de 2023, os Concellos Ágora incrementen de forma substancial o espazo reservado para as persoas, itinerarios peonís e ciclabeis.
Ágora está promovido e coordinado pola Deputación de Pontevedra a través da súa área de Mobilidade Alternativa e Espazos Públicos Urbanos.
(BOPPO 30/06/2020) Creación da Rede de Concellos Ágora polo espazo público e aprobación do seu protocolo de actuación
FACULTADE ÁGORA
Unha escola de formación coa mirada posta na mellora do espazo público e as mobilidades alternativas como axente activo da calidade territorial, a sociabilidade e o benestar humano.
- Dirixida a persoas con profesión ou representación política relacionada co espazo público.
- Cunha equipa formativa de primeiro nivel.
- Con acceso a titulación propia.
Reducción do 25% do prezo do curso (de 400 a 300€ IVE incluído) para persoas colexiadas no COAG.
Curso Ágora sobre o Espazo Público
Programa Galego | Español | Inglés
Máis info en: https://redeagora.gal/