TERRITORIOS INDIVIDUAIS. LUGARES COMÚNS.

6 Abr 2016

Cartel reducido_menorA Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia acolle un ciclo de visións críticas desde disciplinas expresivas transversais ás xentes, os espazos e os lugares. Realizarase un percorrido en torno á individualidade, á savia común que nos reúne,  e ao xeito de abordar o sentido do espazo público desde profesións transversais a lugares e individuos. Desde unha mensaxe crítica, pero extensible a un ámeto extra-arquitectónico onde os convidados aportarán exemplos ou textos da súa propia resposta espacial ou temporal, sensible a ese aspecto.

 

INAUGURACIÓN: martes 12 de Abril ás 20.00 hs.
Álvaro Domingues (xeógrafo, Oporto).
 
19 de Abril: Paisaje Transversal.
(urbanismo colaborativo, Madrid).
 
26 de Abril: Pepe Galán
(escultor, A Coruña)
 
3 de maio: Miguelanxo Prado
(ilustrador/debuxante, A Coruña)
 
10 de maio: Elizabeth Ábalo/Gonzalo Alonso
(arquitectos, Santiago de Compostela)
 
24 de maio: Xornada de clausura cunha mesa redonda.
 
Os martes de Abril e Maio, 20.00 h. na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Sala de Cultura. Rúa Federico Tapia 62, A Coruña.
 
Entrada de balde.

 

Compartir