Ourense. Olladas na rúa 18.

18 Dic 2015

01_OLLADAS NA RUA 18

Praza e Capela de San Cosme, Museo e Belén de Arturo Baltar. 

Mércores 23 de decembro 19,00 h. 

Cidadá: Mª Mercedes Gallego Esperanza

Arquitecta: Paula Feijóo Calviño.

A Capela de San Cosme e San Damián foi fundada no 1251 polo cirurxián Juan Lérez, e era un conxunto de pequena igrexa e hospital. Éste era de estilo plateresco, mentras que a capela é claramente de estilo renacentista.

No ano 2010 remodélase por completo a capela, así como o edificio anexo para albergar o Belén de Arturo Baltar e unha parte significativa da súa obra.

O Belén de Baltar como así se lle coñece representa escenas tradicionais do mundo rural e esta feito de figura de barro cocido. Anteriormente no ano 1969 colocouse no Museo Arqueolóxico, na década dos 70 pasa a instalarse durante o Nadal xunto ao Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense, sendo en 1980 cando definitivamente instálase na Capela de San Cosme e San Damián como un conxunto escultórico de gran beleza.

Compartir