Obradoiros para festexar o Día das Artes Galegas

6 Abr 2018

O sábado 7 de abril, a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. organiza obradoiros para nenos e maiores no que poder achegarse en familia á arquitectura de Alejandro de la Sota.

O obradoiro de mañá terá como protagonista á experimentación con formas, materias e volumes do repertorio plástico e visual do arquitecto pontevedrés. No taller da tarde, aberto tamén ao público adulto, os participantes construirán dun xeito colaborativo unha maqueta arquitectónica co obxecto de achegarse ao Movemento Moderno e entender a súa importancia como punto de inflexión na arquitectura.

As entradas para os dous obradoiros están xa á venda no Museo Centro Gaiás e nos puntos físicos e online de Ataquilla e cóntase con máis información polo miúdo en cidadedacultura.gal.

Máis información, neste ENLACE.

Compartir