Na súa sesión 3/2019, do 6 de marzo, a Xunta de Goberno aprobou o establecemento dunha enquisa para o seguimento dos expedientes colexiais nos procesos de autorización Municipal e tramitacións en Patrimonio.
O obxectivo desta enquisa é dispoñer de información cuantitativa sobre estes procesos de autorización que permitan ao Colexio levar a cabo accións de mellora perante as diferentes Administracións Públicas.
A enquisa pretende a mostra máis ampla posible nos últimos tres anos, tendo seleccionado unha serie de expedientes para cada colexiado según os seguintes criterios:
- iniciados nos anos 2016-2018.
- tipo: adaptado á Guía de Tramitación; obras de edificación e Obras ordinarias; tramitación urbanística ordinaria.
- contido: contén algún dos seguintes traballos: oficio de dirección, estatística, proxecto (básico, execución ou técnico).
- número: ata un máximo de dez expedientes por colexiado/sociedade. No caso de superar os 10 expedientes, faise unha selección aleatoria.
A enquisa, aínda que personalizada para facilitar o seu cumprimento, é absolutamente anónima e unicamente procura datos agregados. Pódese acceder e cubrir a enquisa a través do seguinte enlace:
Esta breve enquisa non se ten que facer toda dunha vez, puidendo gardar respostas parciais. Esta é a relación de preguntas que fai por cada expediente.
Iniciouse a tramitación municipal? *Si / Non / Non se ten constancia(De non terse iniciado a tramitación municipal remata a enquisa sobre este expediente COAG)
Tipo de autorización municipal *Licenza / Mediante Comunicación Previa
Estado da tramitación municipal *En tramitación (pendente de resolución ou notificación de reparos) / Con reparos pendientes de contestar / Autorizado (con licenza ou pasados máis de 15 días hábiles da comunicación previa feita)
Intervención suxeita a normativa sobre patrimonio cultural *(Requiren autorización previa da consellaría competente as intervencións en bens de interese cultural ou catalogados e as novas construcións ou afeccións do espazo exterior en contornos de proteccións. Mais nun plan especial de protección (PEPRI, nomeadamente) só se require en intervencións en bens de interese cultural.)Si e require autorización previa da consellaría competente / Si, mais non require autorización previa da consellaría competente / Non
Se a autorización da consellaría competente é previa á solicitude de licenza, indique o prazo de tramitación desta autorización en número de trimestres1 a 8 (indique 8 tamén cando sexan máis)
Data de rexistro no Concello da solicitude de licenza ou comunicación previa *Data
No seu caso, data de outorgamento da licenza por parte do ConcelloData
Veces que se lle comunicaron reparos *
Mediante notificación oficial ou outro medio0 a 7 (indique 7 tamén cando sexan máis)
Unicamente mediante notificación oficial0 a 7 (indique 7 tamén cando sexan máis)
Valoración da xestión municipal *0 a 10 (pior a mellor)