Curso de verán | Paisaxes en narración

3 Jul 2019

Os días 28, 30 e 31 de xullo, terá lugar en Allariz este Curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela, organizado polo Concello de Allariz, a Fundación Juana de Vega e a USC.

O curso é fundamentalmente práctico. Os participantes realizan propostas en base ao traballo de campo, ás conferencias dos expertos sobre os temas analizados e ao apoio dos titores na parroquia de Santa Mariña.

Directores:

  • Rubén C. Lois González (Catedrático de Análise Xeográfica Rexional, USC)
  • Mª José Piñeira Mantiñán (Doutora en Xeografía e Historia)
  • Secretaria: Marta Somoza Medina (Doutora Arquitecta, Oficina Técnica Municipal Concello de Allariz)

Máis información.

Compartir