Convocatoria de casos de éxito de Deseño en Galicia

26 Ene 2018

Dentro das tarefas do proxecto establécese a necesidade de identificar casos de éxito do deseño en Galicia. O obxectivo é darlle visibilidade e promocionar o potencial galego neste ámbito.

A Axencia Galega de Innovación (Gain) participa como socia no proxecto Interreg Europe Design4innovation, que tenta conseguir unha maior integración e potenciación do deseño dentro dos instrumentos de financiamento FEDER existentes e que, na fase final do proxecto, se implementen e supervisen Plans de Acción de Deseño destinados a impulsar a competitividade das PEMEs.

Entre outros, admítense proxectos de deseño de espazos e arquitectura.

A data límite de inscrición ou nominación de proxectos é o 8 de febreiro do 2018.

As bases desta convocatoria atópanse no seguinte ENLACE.

Compartir