O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia súmase a Stonegal 2025 para impulsar a arquitectura en pedra natural

26 Mar 2025

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia únese a Stonegal 2025, o evento internacional da pedra natural que se celebrará en Vigo do 3 ao 5 de xuño, para reforzar o papel da pedra como un material clave na arquitectura contemporánea. A través desta colaboración, xunto co Clúster do Granito e o Clúster da Pizarra, o COAG apoiará este evento internacional con diversas iniciativas enfocadas na innovación, a sustentabilidade e a integración da pedra en proxectos arquitectónicos e urbanos.

O apoio do COAG permitirá achegar aos profesionais da arquitectura ás últimas tendencias no uso da pedra natural, fomentando a transferencia de coñecemento entre deseñadores, construtores e a industria da pedra. O Clúster do Granito centrarase en mostrar as aplicacións do granito en arquitectura e coordinar visitas a canteiras e plantas de transformación. O Clúster da Pizarra promoverá o uso da pizarra, incentivando a participación de empresas e organizando demostracións. O COAG, pola súa parte, apoiará a difusión do evento, brindará respaldo institucional e colaborará na definición do programa do congreso.


Segundo o secretario xeral do Clúster do Granito, José Ángel Lorenzo, «o noso obxectivo é mostrar o enorme potencial do granito na arquitectura moderna e facilitar o contacto directo co seu proceso de extracción e transformación». Pola súa parte, Severino González, xerente do Clúster da Pizarra destaca que «a pizarra é un material versátil e sostible, e este evento é unha gran oportunidade para que os profesionais descubran as súas vantaxes e aplicacións». O COAG, ademais de encargarse da difusión e a representación institucional, cooperará aportando coñecemento na definición das temáticas e o programa do congreso, asegurando que aborde os temas máis relevantes para o sector arquitectónico.

«O uso da pedra natural é un elemento diferenciador na arquitectura galega e un dos sinais de identidade do noso patrimonio construído. Esta colaboración con Stonegal permítenos reforzar a conexión entre o sector da pedra e a arquitectura, apostando por solucións innovadoras e sostibles», sinalou Luciano Alfaya, decano do COAG.

Pola súa parte, desde Stonegal destacan a importancia desta alianza para impulsar o coñecemento sobre as aplicacións arquitectónicas da pedra natural. «Este acordo co COAG e os Clústeres do Granito e Pizarra é clave para fomentar o diálogo entre arquitectos e empresas do sector, promovendo novas aplicacións da pedra na construción e oel deseño urbano, un dos obxectivos de Stonegal», afirmou Alejandro Miras, director do evento.

Stonegal 2025
Stonegal é o evento internacional do sector da pedra natural, que se celebrará en Vigo do 3 ao 5 de xuño de 2025. Concibido como un espazo de encontro e negocio, reunirá a máis de 150 empresas e 3.000 profesionais e expertos do sector dunha ducia de países. Stonegal será o principal evento de pedra natural celebrado en España, onde se presentarán todas as tendencias e innovacións en arquitectura e decoración con pedra natural.

O evento contará cunha ampla zona expositiva, un congreso con relatorios especializados e a Stone Gala, un evento exclusivo que se celebrará nunha canteira do Porriño, onde se entregará o Premio Antonio Palacios de Arquitectura.
Stonegal 2025 conta co apoio do Clúster do Granito, Confindustria Marmomacchine, Xunta de Galicia, Consorcio

Compartir