Os premios «Gran de Area de aportación a Arquitectura» son unha aposta do Colexio de Arquitectos de Galicia na provincia de Pontevedra e Ourense, para o recoñecemento do traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construtores e demais colaboradores necesarios, nas obras e proxectos de calidade desenvolvidos nas demarcacións de Vigo, Ourense e Pontevedra.
A selección realizada vai encamiñada a mostrar que a Arquitectura é posible e próxima. Que os axentes intervenientes e recoñecidos nas obras presentadas, dende a súa responsabilidade e a escala da intervención, poden aportar a que o entorno sexa mellor, e sexa expresión da cultura arquitectónica e os valores colectivos de esta sociedade e este tempo.
Os premios «Gran de Area de aportación á Arquitectura» pretenderon, sempre, ser un vehículo de comunicación coa sociedade, do que na contorna próxima, e xurdido da propia sociedade, se ten feito de calidade, como proxecto ou como obra, ao longo do ano previo.
Este ano son 75 propostas, de moi diversas escalas e localizacións, as presentadas.
Candidaturas presentadas
Pódese acceder á documentación completa de todas as candidaturas presentadas, así como aos premiados a través do seguinte enlace:
Composición do xurado e fallo
O xurado para a avaliación das obras presentadas, estivo composto polas seguintes persoas:
- Manuel Martínez Carazo, en calidade de Presidente da Delegación en Vigo do COAG
- Rafael Castro Armesto, en calidade de Presidente da Delegación en Ourense do COAG.
- Anselmo Villanueva Peón, en calidade de Presidente da Delegación en Pontevedra do COAG.
- Antonio Soliño Troncoso, colexiado da Delegación de Vigo seleccionado pola Xunta Directiva de Vigo.
- Pablo Falcón Novoa, colexiado da Delegación de Ourense seleccionado pola Xunta Directiva de Ourense.
- Cristina García Fontán, colexiada da Delegación de Pontevedra seleccionada pola Xunta Directiva de Pontevedra.
- Alberto Quintáns Arrondo, colexiado seleccionado entre os premiados nos Premios “Gran de Area” da edición anterior, consensuado polas tres Delegacións.
- María Luisa Pierres López, en calidade de Secretaria da Delegación en Pontevedra do COAG, que actúa como secretaria do Xurado, con voz pero sen voto.
O xurado selecciona como premiados 14 proxectos, non outorgándolles orde nin prevalenza no fallo, considerando todos eles premiados no mesmo rango e valoración:
Proxecto | Autor(es) |
RESTAURACIÓN DE FONTE DA TORRE.PROGRAMA DE RESTAURACIÓN DEL GRUPO DE FUENTES HISTÓRICAS » FONTES DO CAMIÑO» CALDAS DE REIS.
CALDAS DE REIS. PONTEVEDRA |
JOSÉ LUIS GIL PITA |
REHABILITACIÓN DE EDIFICIO PARA VIVENDA UNIFAMILIAR
FERRERÍA 8 VIGO |
RAMÓN VIÉITEZ RODRÍGUEZ E ALBERTO CEBRAL LOUREDA |
VIVIENDA UNIFAMILIAR DVL
URBANIZACION PAZO DE RAMIRAS 39OURENSE |
MANUEL JORRETO DIAZ (2226) |
REHABILITACIÓN E AMPLIACIÓN DE CENTRO DE ACTIVIDADES DE MONTAÑA CON ALOXAMENTOS
LUGAR DE FRINXO, TUI |
ALFONSO SALGADO SUAREZ (1913) FRANCISCO XABIER LIÑARES TUÑEZ (2674) SALGADO E LIÑARES, S.L.P. (30009) |
EDIFICIO FARADAY
ETEA, VIGO |
ABALO ALONSO ARQUITECTOS ELIZABETH ABALO, GONZALO ALONSO |
VIVIENDA UNIFAMILIAR
LUGAR CORTIÑAS ABAIXO-CORBILLON36634 CAMBADOS |
FRANCISCO GALIÑANES CHAVES (3477) |
STAND NAVALIBER. NAVALIA 2018. | PABLO MENÉNDEZ PAZ |
REFORMA, ACONDICIONAMIENTO Y ACTIVIDAD PARA CLÍNICA OFTALMOLÓGICA. CLÍNICA JAVIER FDEZ. ULLOA.
RÚA COLÓN, Nº3 BAJO. 36201, VIGO. |
PABLO MENÉNDEZ PAZ |
REFORMA INTERIOR DE PISO DE GRANDES DIMENSIONES PARA 2 VIVIENDAS<BR>RÚA MARQUES DE VALLADARES, VIGO (PONTEVEDRA) | DAVID VÁZQUEZ GARCÍA (COLEGIADO 4275) |
VIVIENDA UNIFAMILIAR AISLADA SA
IRMANS NOIA XIL, ESQUINA RUA O ROSAL S/N36780 GUARDA (A) |
XAVIER POUSA ARBONES (3581) |
CASA PARA UNA ARTISTA
RUA VISTA ALEGRE 1636201 VIGO |
CASTROFERRO ARQUITECTOS MARIA PILAR GONZALEZ FERRO (3087) JORDI CASTRO ANDRADE (3210) |
PARQUE ARQUEOLÓGICO Y CENTRO DE INTERPRETACIÓN Y DOCUMENTACIÓN DEL ARTE RUPESTRE
CAMPO LAMEIRO. PONTEVEDRA |
ALBERTO REDONDO PORTO (1646) JOSE MARTIN VALLADARES DURAN (2173) MARCIAL RODRIGUEZ RODRIGUEZ (2288) REDONDO VALLADARES Y RODRIGUEZ, SLP (20105) |
REHABILITACIÓN DE VIVIENDA TRADICIONAL
LUGAR DE POUSADA.PARROQUIA DE CALLOBRE 3ESTRADA (A) |
ALBERTO REDONDO PORTO (1646) JOSE MARTIN VALLADARES DURAN (2173) MARCIAL RODRIGUEZ RODRIGUEZ (2288) REDONDO VALLADARES Y RODRIGUEZ, SLP (20105) |
ZENVISIÓN
TUI |
JORGE ENRÍQUEZ MÉNDEZ |
A acta da reunión do xurado pódese consultar a Acta xurado_GDA_2019.