O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, no marco dos premios “GRAN DE AREA de aportación a arquitectura”, recoñece unha vez máis os proxectos e obras dos arquitectos realizados nos ámbitos das delegacións de Pontevedra e Vigo.Este ano presentáronse 50 candidaturas que dan resposta ás necesidades da sociedade e que reflicten un compromiso dos autores e demais axentes involucrados no proceso construtivo coa arquitectura responsable.
A selección realizada vai encamiñada a amosar que a Arquitectura é posible e cercana. Que os axentes interviñentes e recoñecidos nas obras presentadas, dende a súa responsabilidade e á escala da intervención, poden axudar á mellora do entorno, e sexa expresión da cultura arquitectónica e os valores colectivos desta sociedade e deste tempo.
Os premios «Gran de Area de aportación á Arquitectura» pretenderon sempre, ser un vehículo de comunicación coa sociedade, do que na contorna, e xurdido da propia sociedade, se ten feito de calidade, como proxecto ou como obra, ao longo do ano previo.
Este ano concorreron propostas de moi diversas escalas e localizacións. Con máis motivo, e polo seguro esforzo redoblado dos participantes, por alcanzar os obxectivos ante as limitacións, son estas propostas unha oportuna reivindicación da profesión e da arquitectura na nosa contorna. O xurado quere salientar a calidade dos proxectos e obras presentadas, recoñecendo o esforzo dos participantes.
Candidaturas presentadas
Pódese acceder á documentación completa de todas as candidaturas presentadas, así como aos premiados a través do seguinte enlace:
Composición do xurado e fallo
O xurado para a avaliación das obras presentadas, estivo composto polas seguintes persoas:
-
- Antonio Davila Alonso, Presidente da Delegación de Vigo do COAG.
- Manuel Abelleira Argibay, Presidente da Delegación de Pontevedra do COAG.
- José Luís Sáez Silva, arquitecto designado pola delegación de Vigo do COAG.
- Diego Germade Castelo, arquitecto designado pola delegación de Pontevedra.
- María Luisa Pierres López, arquitecta premiada na edición anterior do GDA.
- María Mariño de Oya, secretaria da Delegación de Vigo, con voz pero sen voto.
O xurado salienta as seguintes obras presentadas:
Título proxecto | Arquitectos/as |
Rehabilitación “Ferreria 4 “. Vigo. | Dna. Carolina Dominguez Gómez e Dna. Rosa del Río Pastoriza. Colaboradora: Dna. Laura Crespo Álvarez. |
Casa “La Noria” . A Guarda. | D. Mauro Lomba Martinez |
Rehabilitación de inmobles na Rúa San Sebastián 4-6, Subida ao Castelo 5-7. Vigo. | D. Javier Franco Rabuñal e D. Vicente Pintos Santiago |
Vivenda “Escama y Pilar”. Glorieta de Compostela. Pontevedra. | Dna. María Gracia Amandi Joglar e D. Jorge de Uña Santos |
Xoiería “Gonzalez 1968”. Vigo. | D. Plablo Menéndez Paz |
Intervención urbana na “Praza do Seixo”. Tomiño | D. Perfecto Cendón Domínquez e D. Javier Vázquez Fernández |
Taller artesanal Armenteira | D. Jaime Rodríguez Abilleira e D. Santiago Pintos Pena |