XENTES, ESPAZOS E LUGARES. EDICION 2024 OLLADAS SOBRE O TERRITORIO QUE HABITAMOS

11 Nov 2024

Xentes, Espazos e Lugares é un programa de divulgación e formación non regrada, dirixido á cidadanía en xeral, conformado por un conxunto de charlas que teñen por obxectivo ofrecer unha visión plural e complexa dos espazos e os lugares que habitamos, tendo moi presente como se desenvolve neles a nosa vida.

Organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, dentro do convenio do ProxectoTerra coa Xunta de Galicia, estas xornadas buscan ser un punto de encontro e reflexión no que podan estar presentes todas as persoas que teña algo que dicir sobre a complexidade do habitar no presente e no noso país.

Xentes dos campos da: arquitectura, urbanismo, xeografía, arte, socioloxía, xornalismo, escrita, docencia, da comunidade educativa, dos colectivos cidadáns… son convidadas a compartir as súas reflexións sobre como foi e como é a nosa interacción co medio natural e construído, e como xorden e se modifican os espazos que habitamos ao longo do tempo.

O que nos reune nestas xornadas é o interese compartido nos temas que afectan á colectividade máis aló de compromisos profesionais específicos, tendo as intervencións un carácter marcadamente divulgador e coloquial.

O programa desta edición incide en temas como os novos retos das cidades e vilas intermedias, o actual papel das aldeas na nosa organización social e territorial e as necesidades da vivienda contemporánea.

As xornadas desenvolvense este ano en tres ciudades: Ourense, Lugo e Pontevedra coa idea de espallarse nas proximas edicións a outras vilas e ciudades de Galicia.

PROGRAMA DA EDICIÓN 2024

XOVES 21 DE NOVEMBRO. 17:00H. PONTEVEDRA         

Salón de Actos do Edificio da Xunta de Galicia na Rúa Benito Corbal.

Especies de espazos

Participan:

Carme Nogueira. Artista e docente.

Laura Pato. Arquitecta e deseñadora.

Modera:

Fernando Agrasar Quiroga. Profesor da Universidade da Coruña e Coordinador de Arquitectura do ProxectoTerra.

Compartir