Presentación

Este servizo está ideado para poñer a túa disposición as ferramentas necesarias para que a normativa de edificación non sexa un inconvinte á hora de acometer un traballo de edificación e poder adaptar o diseño arquitectónico á mesma, dende a primeira fase do proxecto, con todos os condicionantes que implica o seu cumprimento.

A complexidade alcanzada pola continua revisión da normativa, que se ven producindo no ámbito da edificación dende o ano 2006, fai do asesoramento técnico un dos servicios máis demandados para afrontar o exercicio da profesión con garantías.

Como resposta a esta necesidade, poñemos a túa disposición un servizo telemático de consultas sobre normativa de edificación, que servirá para asesorarte sobre calqueira duda que poida xurdir na fase de proxecto.

Por outra banda, a Bitácora de asesoramento técnico sirve para que esteas informado sobre as novidades referentes a normativa, programas, publicacións e consultas de carácter técnico.

Por último, no apartado «Normativa Técnica» poderás acceder á normativa técnica de edificación e urbanismo, clasificada en catro grandes grupos, un de carácter xeral e tres de acordo cos requisitos básicos da LOE.