Últimos días de presentación Premio Juana de Vega de Intervencións na paisaxe 2020

30 Jun 2020

O vindeiro 17 de xullo remata o prazo de presentación do Premio na categoría de INTERVENCIÓNS PRIVADAS NO PATRIMONIO CONSTRUÍDO E A SÚA CONTORNA, que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións que recuperen ou patrimonio construído e poñan en valor a súa contorna.

Poden ser candidatos ao premio: autor/es do proxecto ou da intervención, cuxo promotor sexa unha persoa física ou xurídica de natureza privada.

Só se admitirán intervencións realizadas en Galicia, que fosen finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2019.

O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 17 de xullo de 2020 e o fallo do xurado darase a coñecer no último cuadrimestre do ano.

Máis información
Convocatoria 2020

Compartir