Premios Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2017

26 Jun 2017

Convocatoria aberta para a categoría de intervencións privadas no patrimonio construído e a súa contorna.

Esta categoría ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións que recuperen ou patrimonio construído e poñan en valor a súa contorna.

Poden ser candidatos ao premio: autor/es do proxecto ou da intervención, cuxo promotor sexa unha persoa física ou xurídica de natureza privada.

Só se admitirán intervencións realizadas en Galicia, que fosen finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2016.

O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de xuño de 2017 e o fallo do xurado darase a coñecer no último cuadrimestre do ano.

O xurado estará composto por:

Gonzalo Byrne, arquitecto.
Begoña Bás López, profesora da Universidade da Coruña e etnógrafa.
Fátima Braña Rey, profesora da Universidade de Vigo na área de antropoloxía social.
Marilar Aleixandre, profesora da Universidade de Santiago, escritora e académica da Real Academia Galega.
Covadonga Carrasco, arquitecta.
Joao Nunes, arquitecto paisaxista.
Francisco Leiro, pintor e escultor.
Isabel Aguirre de Urcola, arquitecta e directora da Escola Galega da Paisaxe.
Enrique Saéz Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega.
O premio terá unha dotación económica de 6.000,00 €. Ademais, os premiados recibirán un diploma acreditativo.

A criterio do xurado poderán concederse dous accésits, dotados cada un deles cun diploma e unha cantidade económica de 1.500,00 €.

Consulta toda a información nas bases e a convocatoria 2017.

Compartir