No ano 2020 convócase o Premio na categoría de INTERVENCIÓNS PRIVADAS NO PATRIMONIO CONSTRUÍDO E A SÚA CONTORNA, que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións que recuperen ou patrimonio construído e poñan en valor a súa contorna.
Poden ser candidatos ao premio: autor/es do proxecto ou da intervención, cuxo promotor sexa unha persoa física ou xurídica de natureza privada.
Só se admitirán intervencións realizadas en Galicia, que fosen finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2019.
O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 17 de xullo de 2020 e o fallo do xurado darase a coñecer no último cuadrimestre do ano.