Tal e como se anuncia na Circular 14 2022, a Xunta Directiva da Agrupación de Arquitectos Peritos e Forenses do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na súa reunión celebrada o día 21 de xuño de 2022 en Santiago de Compostela, e logo da proclamación directa dos candidatos sen necesidade de votación por non presentarse candidatos alternativos, procedeu á elección dos cargos de Presidente, Secretario e Tesoureiro da Agrupación.
O resultado da votación foi o seguinte:
- Presidente: D. Marcelino César Jiménez López
- Secretaria: Dona María Engracia Balayo Caamaño
- Tesoureira: Dona Patricia López González
A Xunta Directiva da Agrupación de Arquitectos Peritos e Forenses está integrada por:
DEMARCACIÓN REPRESENTANTE
A Coruña Dona María Engracia Balayo Caamaño
Lugo Dona Patricia López González
Ourense D. Manuel Hermida Rodríguez
Pontevedra D. Antonio Vázquez Rosales
Vigo D. Marcelino César Jiménez López
Santiago D. Carlos A. Otero Schmitt
Ferrol Dona Patricia Figueira Fornos
Representante da Xunta de Goberno na Agrupación: Dona Alicia Romaní Bóveda.