Data límite de envío de propostas: 15 de decembro de 2026. [Formulario de inscrición de propostas]
COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA · CONGRESO
100 contribucións para a arquitectura en Galicia
A disciplina · O exercicio profesional · A tramitación
1, 2 e 3 de marzo de 2027
CINC · Cidade da Cultura (Santiago)
COAG (Co apoio da Xunta de Galicia)
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), co apoio das consellerías de Vivenda e de Emprego da Xunta de Galicia, organiza o congreso «100 contribucións para a arquitectura en Galicia», que se celebrarase os días 1, 2 e 3 de marzo de 2027 no Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
Baixo o lema «Cen voces, tres xornadas, un diagnóstico común», o encontro pon o foco nas persoas que exercen a arquitectura e nas condicións reais do seu traballo ante retos como a crise da vivenda, a intelixencia artificial, os honorarios, a fenda de xénero ou a transición ecolóxica. O programa artéllase en 90 intervencións en mesas de traballo (15 mesas de 6 relatores), 9 intervencións en coloquios plenarios e 1 conferencia de peche para construír unha folla de ruta compartida para a profesión:
- Día 1 (1 de marzo) · A disciplina: IA e novos métodos proxectuais; patrimonio e territorio; formación universitaria; competencias no urbanismo; industrialización e prefabricación; e arquitectura colaborativa.
- Día 2 (2 de marzo) · O exercicio: honorarios e viabilidade dos estudos; previsión social; modelos de exercicio; inicio profesional; igualdade, conciliación e saúde laboral; e intrusismo, competencia e deontoloxía.
- Día 3 (3 de marzo) · A tramitación: axilización de licenzas (e futuro das ECCOM); normativa técnica e planificación; e o traballo nas administracións.
Convocatoria aberta (Open Call) e prazos: entre tres e cinco persoas relatoras de cada mesa serán escollidas mediante convocatoria aberta (dirixida principalmente a colexiados do COAG, pero aberta tamén a outros colexios, Portugal, universidade e administracións). Para participar, cómpre enviar unha proposta de comunicación de máximo 300 palabras (en galego, castelán ou portugués) antes do 15 de decembro de 2026.
A selección comunicarase o 15 de xaneiro de 2027. As persoas escollidas redactarán un texto previo (1.000-1.200 palabras) ata o 14 de febreiro, contarán con 15 minutos de exposición e 90 de debate aberto na súa mesa, e coautorarán o documento final para o Libro de conclusións do congreso. A asistencia xeral será de balde con inscrición previa.
[Formulario de inscrición de propostas]
Participa e achega a túa voz: vémonos en Santiago!