Aprobación da implantación da copia dixital auténtica e do novo procedemento na tramitación do rexistro dos libros de ordes, asistencias e incidencias como documentación de seguimento da obra.

21 agosto 2018

A Xunta de Goberno, na súa sesión 9/2018 de 2 de agosto, acordou establecer desde o 1 de setembro de 2018 como procedemento único para a tramitación colexial do rexistro dos libros de ordes e asistencias e dos libros de incidencias como documentación de seguimento da obra levada en papel, o de expedición de copias auténticas electrónicas, consonte á Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común. Para máis información, Circular 17/2018.

Compartir