Xuntanza entre a CMATI e o COAG sobre o Anteproxecto de Lei do Solo

12 Nov 2014

O COAG foi convidado a unha reunión de traballo na CMATI no día de hoxe, 12 de novembro. A representación do Colexio foi recibida pola Conselleira Dª Ethel Mª Vázquez Mourelle, acompañada pola Secretaria Xeral de Ordenación e Territorio e Urbanismo Dª María Encarnación Rivas Díaz e o Subdirector Xeral de Urbanismo D. Eduardo Sobrino Rodríguez.

O Colexio estivo representado polo Decano, Secretario, Vogais responsables da Comisión de Planeamento e Territorio, así como responsables das delegacións de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol.Trala recepción e presentación oficial, iniciouse a reunión de traballo coa presentación do documento e exposición dos seus obxectivos. A continuación, realizouse un diálogo aberto sobre os diferentes aspectos expostos e analizados dende o Colexio.

Entra esta reunión dentro da línea de colaboración aberta polo COAG coa Administración pública autonómica en xeral, e de xeito concreto coa Consellería competente en materia urbanística.

A conversas e temas plantexados, serán transmitidos polos responsables da Comisión ós grupos de traballos abertos nas delegacións.

Continúa deste xeito o traballo iniciado nas reunións do pasado 6 de novembro pola Comisión de Planeamento en Territorio que continuará en vindeiros xoves así como os grupos de delegacións abertos de xeito coordinado.

A Xunta convida ao colexio de arquitectos a enriquecer coas súas achegas o anteproxecto de Lei do Solo para que supoña un salto cualitativo na ordenación urbanística de Galicia

4 1 3

 Ate o momento as reunións de traballo das Comisións das delegacións son:

  • Delegación de Vigo: 12 de novembro
  • Delegación de Lugo: 14 de novembro
  • Delegación de Pontevedra: 18 de novembro
  • Delegación de Ferrol:  5 de novembro

Compartir