Anteproxecto da nova Lei do Solo de Galicia

29 Oct 2014

O Consello da Xunta de Galicia, recentemente aprobou o Anteproxecto de Lei do Solo de Galicia e iniciouse o período de participación pública.

E evidente o interés do noso colectivo e Colexio, por facer un estudo do documento para remitir as nosas aportacións na busca do mellor documento posible.

Por ese motivo dende a Comisión de Planeamento, se promove a formación de grupos de traballo dende as delegacións co fin de coordinalos e preparar unha proposta conxunta á administración autonómica nesta tramitación.

Dende as vosas delegacións recibiredes esas convocatorias para participar nas Comisións de planeamento. É importante para todos ter unha postura do COAG no prazo máis curto posible.

Animádevos a colaborar, só co traballo dende as Delegacións eo Colexio será posible determinar as necesidades de todo o territorio galego.

Moitas grazas a todos polo esforzo.

Manterémosvos informados por este medio do calendario de reunións das delegacións do Colexio, a medida recibase a información.

Anteproxecto da Lei do Solo de Galicia

O pasado xoves 6 de novembro realizouse a primeira primeira reunión de traballo para a organización do estudo e análise do ANTEPROXECTO DE LEI DO SOLO de Galicia, na que se plantexou o enfoque par a analise do documento, o cometido a realizar polos grupos de traballo, así como o cronograma do que se ira informado que culminara coa redacción dun texto refundido no que se recollan todalasaportacións dos grupos de traballo.

A delegación de Ourense tivo o luns 10 de novembro reunión de traballo do seu grupo de traballo sobre o Anteproxecto de Lei do Solo de Galicia.

O 12 de novembro, tivo lugar unha xuntanza de traballo na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras con responsables do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, sobre este Anteproxecto.

Compartir