Normativa en exposición ao público de interese para a profesión

28 May 2019

Publicado no DOG de 28 de maio o anuncio polo que se someten a información pública as normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

As normas técnicas de planeamento urbanístico teñen por obxecto unificar os criterios técnicos para a elaboración dos documentos de planeamento urbanístico, a terminoloxía e os conceptos urbanísticos xerais, así como calquera outra cuestión que precise aclaración ou orientación técnica en materia de planeamento urbanístico.

Mediante a Resolución do 21 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, acordouse o inicio da tramitación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 48 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 89 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve, e de conformidade co artigo 13 do Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

En cumprimento do disposto nos artigos sinalados, sométense a información pública as normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o referido prazo, calquera persoa poderá examinar o documento, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sitas no Edificio Administrativo San Caetano s/n, en Santiago de Compostela, e presentar ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ou a través do correo electrónico sxurb@xunta.gal, as alegacións, observacións e xustificacións que se consideren pertinentes.

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Estado actual: en prazo de envío de suxestións

Prazo para remitir suxestións: ate o 28/06/2019

ENLACE


Normativa en exposición al público de interés para la profesión

Publicado en el DOG de 28 de mayo el anuncio por el que se someten a información pública las normas técnicas de planeamiento urbanístico de Galicia.

Las normas técnicas de planeamiento urbanístico tienen por objeto unificar los criterios técnicos para la elaboración de los documentos de planeamiento urbanístico, la terminología y los conceptos urbanísticos generales, así como cualquier otra cuestión que precise aclaración u orientación técnica en materia de planeamiento urbanístico.

Mediante la Resolución de 21 de mayo de 2019, de la Dirección General de Ordenación del Territorio y Urbanismo, se acordó el inicio de la tramitación de las normas técnicas de planeamiento urbanístico de Galicia, al amparo de lo dispuesto en el artículo 48 de la Ley 2/2016, de 10 de febrero, del suelo de Galicia, y 89 del Decreto 143/2016, de 22 de septiembre, por el que se aprueba el reglamento que la desarrolla, y de conformidad con el artículo 13 del Decreto 42/2019, de 28 de marzo, por el que se establece la estructura orgánica de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda.

En cumplimiento de lo dispuesto en los artículos señalados, se someten a información pública las normas técnicas de planeamiento urbanístico de Galicia, durante el plazo de un mes, contado a partir de la publicación de este anuncio en el Diario Oficial de Galicia.

Durante dicho plazo, cualquier persona podrá examinar el documento, en horario de oficina, en las dependencias de la Dirección General de Ordenación del Territorio y Urbanismo, situadas en el Edificio Administrativo San Caetano s/n, en Santiago de Compostela, y presentar ante la Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda o a través del correo electrónico sxurb@xunta.gal, las alegaciones, observaciones y justificaciones que se consideren pertinentes.

Órgano o entidad tramitadora: Dirección xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Estado actual: en prazo de envío de sugerencias

Plazo para remitir sugrerencias: hasta el 28/06/2019

ENLACE

Compartir