Entrada en vigor das Normas Técnicas de Planeamento Urbanístico de Galicia

28 May 2020

Segundo se nos informa desde a Dirección Xeral de Urbanismo, as Normas Técnicas de Planeamento Urbanístico de Galicia entraron en vigor o luns 25 de maio de 2020.

Mediante a Orde da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do 10 de outubro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 novembro de 2019, aprobáronse as Normas Técnicas de Planeamento Urbanístico de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 48 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 89 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia.

Segundo consta na disposición derradeira da dita orde, a mesma “entrará en  vigor aos seis meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia”.

De conformidade co previsto na disposición transitoria primera da referida orde, relativa á adaptación do planeamento urbanístico:

  1. «Aos plans aprobados inicialmente antes da entrada en vigor das normas técnicas de planeamento seralles de aplicación unicamente o disposto no título III destas normas, sen prexuízo de decidir adaptarse a elas voluntariamente. En todo caso, aqueles documentos cuxo expediente completo xa se remitise ao órgano autonómico competente en materia de urbanismo para a súa aprobación definitiva non terán que adaptarse ao título III.
  2. Os plans en tramitación que non alcanzasen a aprobación inicial na data de entrada en vigor destas normas técnicas de planeamento deberán adaptarse a elas na súa totalidade.
  3. O planeamento de desenvolvemento dos plans xerais de ordenación municipal, as delimitacións de núcleo rural e os estudos de detalle, regulados na sección 1ª do capítulo VII da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, están suxeitos ao cumprimento das presentes normas. Non obstante, en relación coa aplicación do título II, seralles de aplicación unicamente cando o plan xeral que desenvolvan xa estea adaptado a el. Sen prexuízo disto, para a súa elaboración empregarase como soporte a cartografía oficial rexistrada dispoñible no Instituto de Estudos do Territorio, actualizada ou detallada para o ámbito afectado, cando sexa preciso.

Pola súa banda, segundo o previsto na disposición transitoria segunda da dita orde, os documentos de planeamento aprobados inicialmente á entrada en vigor das normas que se remitan á consellería competente en materia de urbanismo para informe ou aprobación, achegarán os datos xeográficos do documento en soporte vectorial xeorreferenciado, ou axustado ás normas técnicas de planeamento.

En todo caso, pode consultar toda a información relativa ás Normas Técnicas na seguinte páxina web:

https://cmatv.xunta.gal/ambito-de-aplicacion

Asemade, facilitámoslle o seguinte enlace a unha web dinámica, que se vai actualizando co contido que resulta preciso para un axeitado entendemento e manexo das ditas normas:

https://cmatv.xunta.gal/documentos-apoio


Entrada en vigor de las Normas Técnicas de Planeamento Urbanístico de Galicia

Según se nos informa desde la Dirección General de Urbanismo, las Normas Técnicas de Planeamento Urbanístico de Galicia entraron en vigor el lunes 25 de mayo de 2020.

Mediante la Orden de la consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda del 10 de octubre de 2019, publicada en el Diario Oficial de Galicia número 224, del 25 noviembre de 2019, se aprobaron las Normas Técnicas de Planeamento Urbanístico de Galicia, de conformidad con lo previsto en el artículo 48 de la Ley 2/2016, del 10 de febrero, del suelo de Galicia, y 89 del Decreto 143/2016, del 22 de septiembre , por el que se aprueba el Reglamento de la Ley del suelo de Galicia.

Según consta en la disposición última de dicha orden, la misma “entrará en vigor a los seis meses de su publicación en el Diario Oficial de Galicia”.

De conformidad con lo previsto en la disposición transitoria primera de la referida orden, relativa a la adaptación del planeamento urbanístico:

  1. A los planes aprobados inicialmente antes de la entrada en vigor de las normas técnicas de planeamento les será de aplicación únicamente lo dispuesto en el título III de estas normas, sin perjuicio de decidir adaptarse a ellas voluntariamente. En todo caso, aquellos documentos cuyo expediente completo ya se remitiera al órgano autonómico competente en materia de urbanismo para su aprobación definitiva no tendrán que adaptarse al título III.
  2. Los planes en tramitación que no alcanzasen la aprobación inicial en la fecha de entrada en vigor de estas normas técnicas de planeamento deberán adaptarse a ellas en su totalidad.
  3. El planeamento de desarrollo de los planes generales de ordenación municipal, las delimitaciones de núcleo rural y los estudios de detalle, regulados en la sección 1ª del capítulo VII de la Ley 2/2016, del 10 de febrero, del suelo de Galicia, están sujetos al cumplimiento de las presentes normas. No obstante, en relación con la aplicación del título II, les será de aplicación únicamente cuando el plan general que desarrollen ya esté adaptado a él. Sin perjuicio de esto, para su elaboración se empleará como soporte la cartografía oficial registrada disponible en el Instituto de Estudios del Territorio, actualizada o detallada para el ámbito afectado, cuando sea preciso.

Por su parte, según lo previsto en la disposición transitoria segunda de dicha orden, los documentos de planeamento aprobados inicialmente a la entrada en vigor de las normas que se remitan a la consellería competente en materia de urbanismo para informe o aprobación, aportarán los datos geográficos del documento en soporte vectorial georreferenciado, o ajustado a las normas técnicas de planeamento.

En todo caso, se puede consultar toda la información relativa a las Normas Técnicas en la siguiente página web:

https://cmatv.junta.gal/ambito-de-aplicacion

Además, se facilita el siguiente enlace a una web dinámica, que se va actualizando con el contenido que resulta preciso para uno idóneo entendimiento y manejo de las dichas normas:

https://cmatv.junta.gal/documentos-apoyo

Compartir