Indicacións sobre mobilidade no marco das novas medidas restrictivas da Xunta de Galicia con motivo da pandemia por COVID-19 (27/01/2021)

28 Ene 2021

En relación coas novas medidas restrictivas adoptadas pola Xunta de Galicia con motivo da pandemia motivada polo COVID-19, as cales se aplicarán entre o día 27/01/2021 e terminarán ás 00.00 horas do día 17/02/2021, refírese a continuación unhas indicacións sobre mobilidade conforme á normativa correspodente.

O DOG nº 16bis, publicado o 26 de xaneiro, recolle as seguintes disposicións:

  • DECRETO 8/2021 da Presidencia da Xunta de Galicia, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
  • ORDE da Consellería de Sanidade do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Decreto 8/2021 no seu apartado primeiro, indica que “Quedan restrinxidas a entrada e a saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia considerados individualmente.” 

Non obstante, a continuación indica que “Quedan exceptuados das anteriores limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:”.

Entre outros, establécese como motivo de excepción da restricción indicada o “b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.”

Conforme ao anterior, dado que  non está regulada a súa forma de acreditación dos desprazamentos exceptuados, refírense as seguintes indicacións orientativas de interese para os colexiados:

  1. Xustificación de desprazamentos de colexiados por comprimento de obrigas laborais e profesionais, Recoméndase empregar calquera documento que xustificase o correspondente desprazamento. A modo de suxestión, indícanse o seguintes:
    1. No caso de asalariados (empregados) recoméndase:
      1. Solicitar á empresa contratante unha certificación acreditando os datos idenfiticativos do empregado, a vinculacion laboral existente e o horario laboral.
      2. Levar o contrato laboral en vigor.
    2. No caso de profesionais autónomos recoméndase:
      1. Levar calquera documentación que acredite que é un traballador por conta propia (xustificante do pago de cota de autónomos; o modelo 037 de alta na actividade, …).
      2. Un certificado de colexiación
      3. Tamén resulta moi recomendable portar algún tipo de xustificante da razón do seu desprazamento,  por exemplo, a licenza de obra, o contrato onde se reflicte o encargo profesional, a folla de encarga do cliente, etc ….
  2. Desprazamentos de clientes. En caso de que sexa necesario que os seus clientes acudan ao estudio do arquitecto ou á propia obra, sería recomendable que os clientes leven documentación acreditativa da relación profesional (contrato de prestación de servizos, solicitude de licencia ou licencia) e unha comunicación do profesional indicando o lugar, motivo e hora da celebración da reunión.

    No suposto de reunións con clientes no estudio profesional, indícase que o Anexo da ORDE da Consellería de Sanidade do 26 de xaneiro de 2021 establece as “Limitacións de capacidade e medidas de prevención específicas por sectores.” Concretamente, o punto 3.6 relativo a “Establecementos e locais comerciais retallista e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais.” establece que:

    • “non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción.
    • “Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nos locais e establecementos ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no apartado 1.3 do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, na súa redacción vixente.”

      Na páxina web do CSCAE atópanse unha serie de preguntas frecuentes e as súas respostas, que se foi elaborando como consecuencia das dúbidas que foron xurdindo como consecuencia da situación da pandemia e a súa infulencia no exercicio da profesión. En concreto a pregunta b22 trata precisamente sobre «B.22. Si soy promotor o autopromotor de una obra, ¿puedo desplazarme al estudio del arquitecto o a la propia obra para supervisar los trabajos?» Pódese consultar a resposta no seguinte enlace http://www.cscae.com/index.php/conoce-cscae/area-tecnica/preguntas-frecuentes-emergencia-covid-19  no que además está enlazada unha nota da asesoría xurídica do CSCAE en relación a dito asunto. 

Non obstante, lembrase que, sen prexuízo de portar algunha documentación xustificativa, a autoridade competente pode realizar as investigacións que teña por conveniente así como considerar a documentación que se porta como xustificativo ou non.

Por último, indicase que, en caso de querer facer algunha consulta ao respecto deste asunto, deberanse facer chegar a través da plataforma de consultas colexial.

Compartir