Indícanse de seguido varias ofertas de emprego publicadas recentemente no Diario Oficial de Galicia.
· PARQUE TECNOLÓXICO DE GALICIA, S.A.XESTOR DE PROXECTOS.
ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2019 polo que se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, dunha praza de titulado superior, xestor/a de proxectos.
· CONCELLO DE CEE
ANUNCIO da oferta de emprego público correspondente ao ano 2019. Praza de arquitecto
Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 do 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, considérense de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.