Grupo TRAGSA selecciona arquitecto/a para prestar apoio en labores de valoración técnica e económica de esptes. de subvencións en Santiago de Compostela.
REQUISITOS: -Formación requirida: Titulación Universitaria Superior (Nivel MECES 3) en Arquitectura. Titulación Homologada en España. -Nivel alto do idioma Galego. -Cumprir os requisitos para poder asinar un contrato en prácticas -Bo manexo das ferramentas Office -Bo manexo de AutoCad -Carné de conducir
Experiencia Non se require experiencia previa.
MÉRITOS: Valorarase posuír formación en:
-BIM (inferior a 40 horas) -BIM (superior a 40 horas) -Rehabilitación enerxética (inferior a 40 horas) -Rehabilitación enerxética (superior a 40 horas) -GIS (inferior a 40 horas) -GIS (superior a 40 horas)
Tipo de contrato: Asalariado (ordinario) 6 meses renovables (convenio colectivo nacional de empresas de ingenieria e Oficinas de estudios técnicos)
O prazo de recepción de candidaturas estará aberto até o próximo 13/02/2022 ás 23:59h.
Lugar de envío Enlace á oferta no Portal de Emprego do Grupo TRAGSA:
https://www.tragsa.es/_layouts/GrupoTragsa/ficha-oferta-empleo.aspx?jobid=29804&tipo=F&tmp=t&it=N
OFRÉCESE:
– Contrato en prácticas cunha duración estimada de 6 meses e posibilidade de ampliación e continuación
– Xornada completa
– Salario segundo convenio
– Incorporación prevista para febreiro 2022
A inscrición e presentación da súa solicitude de emprego supón a declaración responsable do cumprimento dos requisitos recolleitos na mesma, así como a veracidade das súas respostas ás preguntas de filtrado ou killer questions, que respondan en relación á mesma, podendo ser rexeitados/as no caso de que se comprobe o seu incumprimento ou falta de veracidade.
Co obxecto de dar cumprimento da Norma RRH.09 para o Fomento da incorporación de persoas con discapacidade no Grupo Tragsa, a igualdade de condicións, priorizaranse as candidaturas daquelas persoas que conten cunha discapacidade recoñecida e acreditada igual ou superior ao 33%, a condición de que a discapacidade sexa compatible co adecuado desempeño do posto e achéguese durante o proceso o certificado de discapacidade acreditada igual ou superior ao 33%.
En caso de títulos obtidos en universidades e/ou centros estranxeiros, deberase achegar como Anexo á solicitude certificado de homologación ou equivalencia expedido polo MEFP, Ministerio de Universidades de España ou Suplemento Europeo ao Título (SET).
Calquera contratación temporal resultante deste proceso de selección garantirá por parte do Grupo Tragsa a operatividade e o mantemento dos proxectos/servizos, así como, o cumprimento da normativa interna e a lexislación laboral vixente.
Se a persoa que resulte seleccionada neste proceso mantén unha relación laboral vixente na empresa, a subscrición do novo contrato leva a inexistencia de reserva do seu actual posto de traballo, debendo realizar previamente, os trámites legais oportunos.