Nova apertura de prazo formación lista de reserva de prazas de arquitecto/a no Concello de Tui

13 Ago 2020

No BOP Pontevedra do día 13 de agosto, aparece publicada a nova apertura de prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo para a formación duna lista de reserva de prazas de arquitecto/a do Concello de Tui.

Con data 04/08/2020, mediante Resolución da Concellería delegada de persoal se estimou o recurso de reposición interposto por Don José Magdalena Nogueira, alterándose o prazo de presentación de instancias e resolvendo a apertura de novo prazo de presentación de instancias polo prazo de 10 días hábiles.

As instancias polas que se solicita formar parte no proceso selectivo, dirixiranse ó alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 16.4º da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de dez días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra

As bases íntegras e a resolución estimatoria do recurso de reposición, publicaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Tui (http://concellotui.sedelectronica.gal ) e na súa páxina web, www.tui.gal.

Enlace ao BOP.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir