Formación dunha bolsa de emprego para funcionario/a interino/a, do posto de arquitecto/a municipal do Concello de Xermade

28 Ene 2019

No BOP de Lugo de data 26 de xaneiro, aparecen publicadas as Bases para a formación dunha bolsa de emprego para a provisión, mediante funcionario/a interino/a, do posto de arquitecto/a municipal do Concello de Xermade.

Presentación de instancias

As instancias, xunto coa copia simple do DNI e acreditación do CELGA 4 (de ser o caso) segundo modelo que se acompaña no anexo I, dirixiranse ao Sr. alcalde do Concello e presentaranse no Rexistro Xeral, durante o prazo de dez (10) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP. Poderán así mesmo remitirse na forma determinada no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.

Enlace ao BOP.

Compartir