Tal e como se anunciou na Circular 11/2026, A Xunta de Goberno, con motivo da baixa por maternidade da arquitecta de visado da delegación de Santiago, acordou aprobar a contratación temporal dunha persoa colexiada para prestar o servizo na delegación de Santiago de Compostela, como arquitecto/a da área técnica colexial.
Tamén determinou que a selección se realice mediante unha convocatoria pública entre as persoas colexiadas para a contratación dunha persoa colexiada para o posto indicado, facultando ao tribunal que se designe como responsable do proceso de selección o cal determinará as condicións do proceso para seleccionar á persoa que ocupe a praza.
Para realizar a inscrición deberase solicitarse no formulario dispoñible no seguinte ENLACE
